Nostocáceas
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
As nostocáceas (Nostocaceae) son unha familia[1][2] de cianobacterias que forman colonias de forma filamentosa[3] englobadas nun mucus ou unha vaíña xelatinosa. Algúns xéneros da familia viven principalmente en augas doces e solos (como Nostoc), mentres que outros se encontran principalmente en augas salgadas (como Nodularia). Outros xéneros (como Anabaena) poden encontrarse tanto en augas doces coma salgadas.
Nostocaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anabaena spiroides | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Igual que outras cianobacterias, estas bacterias adoitan conter pigmentos fotosintéticos nos seus citoplasmas para realizar a fotosíntese. Estes pigmentos danlles unha cor verde-azulada.
As especies das Nostocaceae son coñecidas maiormente pola súa capacidade de fixación do nitróxeno, e establecen relacións simbióticas con certas plantas, como as do xénero Azolla, cicadas, e antocerotas. As cianobacterias proporcionan nitróxeno aos seus hóspedes. Certas especies de Anabaena foron utilizadas para fertilizar cultivos de arroz. As Azollasp., que portan cianobacterias crecen na auga nos campos durante a tempada de crecemento. Entón son aradas e enterradas no solo, xunto co nitróxeno que conteñen, o que é un método eficaz de fertilización da terra.
A familia Nostocaceae pertence á orde Nostocales. Os membros desta familia poden distinguirse dos doutras familias por dúas característricas: (1) teñen filamentos de células non ramificadaos dispostos extremo con extremo, e (2) desenvolven heterocistes entre as células dos filamentos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.