revista From Wikipedia, the free encyclopedia
Norte foi unha revista editada en Madrid, Asturias, A Coruña e México dende 1929.
Norte | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1929 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Apareceu en Madrid en 1929, fundada por Alfonso Camín. Tiña unha periodicidade mensual. O primeiro número confeccionouse na redacción e obradoiros de Prensa Gráfica en Madrid. Segundo o seu fundador o propósito era
“ | volcar todas las bellezas de las regiones del Cantábrico en nuestra revista, no solo para aquellas regiones, sino para los asturianos, vascos, montañeses, gallegos y leoneses residentes en Madrid y en América, especialmente en Cuba, Puerto Rico y México. | ” |
O proxecto acompañou a Camín na súa traxectoria e editouse en Asturias. O número 48, editado en agosto de 1935 está dedicado a Galicia, con artigos e poemas de Ramón Cabanillas, Noriega Varela, Pedro de Répide, Antón Villar Ponte e outros e ilustrado con fotografías de cidades, vilas e paisaxes de Galicia.[1]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu director foi encarcerado en Palencia. Instalado na Coruña, logrou imprimir o número 54 en abril de 1937, que baixo o lema "una Patria-un Estado-un Caudillo", está integramente dedicado ás contribucións de Galicia ao "Movimiento Nacional". Seguindo a estela do seu director a revista pasou a editarse en Portugal, e de alí pasou a América, primeiro en Cuba e finalmete en México.
En 1967, Camín (que levaba dous anos encamado) e a súa muller, Rosario Armesto, entregaron en México o proxecto ao Frente de Afirmación Hispanista e o seu presidente, Fredo Arias de la Canal, coa encomenda de que a publicación non morrera. A partir dese momento, co número 218 aparecido no verán dese ano, a revista converteuse na publicación da Frente de Afirmación Hispanista, A.C.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.