Nominoe
nobre bretón, primeiro gobernante da Bretaña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nominoe (en francés Nominoë ou, ás veces Nominoé; en bretón Nevenoe; en latín Nomenoius ou Numenoius[1]), nado en 800 e finado o 7 de marzo de 851 en Vendôme Francia,[2] ou nos seus arredores, foi o primeiro conde de Vannes, nomeado por Ludovico Pío en 826 na Dieta de Ingelheim, e missus imperatoris (mensaxeiro imperial), inspirado nos missi dominici do Imperio romano e, en 831, ducatus ipsius gentis, príncipe da súa propia tribo (a dos bretóns).
Nome orixinal | (br) Nevenoe (fr) Nominoë |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 800 Armórica, Francia |
Morte | 7 de marzo de 851 (50/51 anos) Vendôme, Francia, preto do lugar |
Lugar de sepultura | Redon Abbey (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino da Bretaña |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Lingua | Bretón antigo |
Outro | |
Título | Monarca (845–851) Conde (819–851) |
Fillos | Erispoë (pt) |
A miúdo coñécese como o primeiro rei da Bretaña, citado con este título por primeira vez polo cronista medieval Rexino de Prüm (Regino Prumiensis).
Foi soberano da Bretaña desde 845 até 851. Estivo na orixe do nacemento dunha Bretaña unificada e independente, polo que se considera o Pai da Patria bretoa, e os nacionalistas bretóns chámano Tad ar Vro ("pai do país").