poeta persa From Wikipedia, the free encyclopedia
Nizami Ganjavi (en persa: نظامی گنجوی, literalmente Niẓāmī de Ganja, transliterado Niẓāmī Ganjavī), Nizami Ganje'i,[1] Nizami,[2] ou Nezāmi, de nome formal Jamal ad-Dīn Abū Muḥammad Ilyās ibn-Yūsuf ibn-Zakkī,[3] nado en Ganja en 1141 e finado na mesma cidade en 1209, foi un poeta persa[1][4][5][6][7][8] sunnita,[9] considerado o maior poeta épico romántico da literatura persa,[10] á que levou o estilo coloquial e realista.[2][11] O seu legado é amplamente apreciado e compartido por Afganistán,[1] Acerbaixán,[12] Irán,[1] o Kurdistán[13][14][15] e Taxiquistán.[1]
Nome orixinal | (fa) نظامی گنجوی |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1141 Gəncə, Acerbaixán |
Morte | 1209 (67/68 anos) Gəncə, Acerbaixán |
Lugar de sepultura | Gəncə |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, filósofo |
Pseudónimo literario | نظامی |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, New Encyclopedic Dictionary (en) |
O seu nome persoal era Ilyas[1] e o seu pseudónimo era Nizami e Neẓāmi. Naceu nunha área urbana[12] de Ganja (Imperio Selxúcida,[11] actualmente en Acerbaixán) e crese que pasou toda a súa vida no sur do Cáucaso. Segundo De Blois, Gəncə era unha cidade que nesa época tiña unha poboación predominantemente iraniana.[1] O historiador armenio Kirakos Gandzaketsi (c. 1200 – 1271) menciona que "a cidade estaba densamente poboada con iranianos e un pequeno número de cristiáns".[16] Como Nizami non era un poeta da corte, non aparece nos anais das dinastías.[17] Os tazkerehs, recompilacións de memorias literarias que inclúen máximas de grandes poetas con información biográfica e comentarios do seu estilo refírense a el brevemente.[17] Gran parte do material nos tazkerehs está baseado en lendas, anécdotas e rumores,[17] polo que só se coñecen poucos feitos da vida de Nizami,[12][17] e a única fonte é a súa obra, que non achega moita información persoal.[12]
Nizami quedou orfo[2][18] moi novo e foi criado polo seu tío materno Khwaja Umar, que se responsabilizou del e lle deu unha excelente educación. A súa nai, chamada Ra'isa, era de orixe kurda.[2][12][19] O seu pai, de nome Yusuf, aparece mencionado unha vez na poesía de Nizami.[2] Nos mesmos versos indica que o nome do seu avó era Zakki. En parte da mesma obra[20] tense considerado a palabra Mu'ayyad como un título de Zakki,[3] mentres outros estudosos o interpretan como o nome do seu bisavó. Algunhas fontes afirman que o seu pai puidera ser de Qom.[2][19] Nizami aparece mencionado tanto como persa coma iraniano.[4]
Nizami casou tres veces. A súa primeira esposa era unha moza escrava kipchak que lle foi enviada por Fakhr al-Din Bahramshah, gobernador de Darband, como parte dun agasallo. Segundo Iraj Bashiri, ela foi a esposa "máis amada" de Nizami. Con ela tivo o seu único fillo, Mohammad. Ela faleceu pouco despois de que completase a obra Khusraw o Shīrīn, cando Mohammad tiña sete anos. Nizami volve mencionar o seu fillo en Leili o Majnun engadindo que tiña catorce anos e é a "mazá dos meus ollos". En Haft Peykar tamén o menciona e aconséllalle que adquira máis responsabilidades porque o seu pai está debilitándose.
Algúns autores de finais do século XX consideran que esta esposa se chamaba Afaq. Vahid Dastgerdi parece que foi o primeiro que propuxo este nome, mais ao mesmo tempo Said Nafisi e outras fontes discuten esta interpretación procedente dun verso de Nizami,[21][22] asumindo que nese verso Afaq simplemente significa "horizonte". As outras dúas esposas de Nizami faleceron prematuramente, coincidindo coa finalización dunha obra épica, o que fixo dicir ao poeta: "Deus, por que cada para cada masnavi teño que sacrificar unha esposa!".[23]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.