As nitrospiras ou Nitrospirae (ás veces Nitrospira, como a clase) é un filo de bacterias, que contén só unha clase (Nitrospira), cun só orde (Nitrospirales) e unha soa familia (Nitrospiraceae). Inclúe varios xéneros, o máis importante Nitrospira. O primeiro membro do filo, descuberto en 1985, foi Nitrospira marina.[1] O segundo membro foi Thermodesulfovibrio yellowstonii, descuberto en 1994.[2] O terceiro membro foi Nitrospira moscoviensis, descuberto en 1995 nun tubo oxidado en Moscova.[3][4]
- Para o xénero ver Nitrospira (xénero).
Nitrospiras | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
|
O xénero Nitrospira ten un metabolismo autótrofo nitrificante, e oxida nitritos a nitratos, pero carece das membranas internas típicas doutras bacterias nitrificantes. O xénero Leptospirilum é un quimiolitótrofo que oxida ferro e abunda nas minas de ferro e carbón. O xénero Thermodesulfovibrio é termófilo, vive en fontes termais e reduce sulfato.[5]
Filoxenia
- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
O cladograma mostra a taxonomía aceptada actualmente do grupo baseada na LPSn (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [6] e a filoxenia está baseada nos datos do ARNr 16S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree Project.[7]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
♠ Estirpes atopadas no NCBI (National Center for Biotechnology Information) pero non na LPSN.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.