Nitrocelulosa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A nitrocelulosa (que dependendo da súa forma pode chamarse nitrato de celulosa, papel de nitrocelulosa, algodón pólvora ou fulmicotón e piroxilina, entre outros nomes) é un composto moi inflamable formado por celulosa nitrada por exposición a unha mestura de ácido nítrico e ácido sulfúrico. Un dos seus primeiros usos importantes foi o algodón pólvora, que substituía á pólvora como propelente en armas de fogo. Tamén substituía á pólvora como explosivo de baixa orde en minaría e outras aplicacións. En forma de colodión era un compoñente fundamental nas primeiras emulsións fotográficas, cuxo uso revolucionou a fotografía na década de 1860.
Nitrocelulosa[1] | |
---|---|
Outros nomes Nitrato de celulosa; papel de nitrocelulosa (flash paper); algodón de nitrocelulosa (flash cotton); corda de nitrocelulosa (flash string); algodón pólvora ou fulmicotón; piroxilina ; colodión (solución); celuloide (derivado) | |
Identificadores | |
Número CAS | 9004-70-0 |
ChemSpider | none |
UNII | KYR8BR2X6O |
Propiedades | |
Fórmula molecular | (C 6H 9(NO 2)O 5) n (mononitrocelulosa) (C |
Aspecto | filamentos brancos amarelados parecidos ao algodón |
Punto de fusión | 160–170 °C; 320–338 °F; 433–443 K |
Perigosidade | |
NFPA 704 | |
Punto de inflamabilidade | 44 °C; 111 °F; 317 K |
LD50 | 10 mg/kg (rato, IV) |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |