![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a0/Nissan_Trade_capitone.jpg/640px-Nissan_Trade_capitone.jpg&w=640&q=50)
Nissan Trade
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Nissan Trade é un vehículo comercial lixeiro que foi producido dende 1986 até 2001 por Nissan Motor Ibérica S.A., a filial española do fabricante xaponés Nissan. O Trade vendíase en versións furgoneta e chasis-cabina; os vehículos chasis-cabina foron producidos até 1998, namentres que as furgonetas foron fabricadas até 2001.[1]
Datos rápidos
Nissan Trade | |
![]() | |
Outros nomes | Avia 1000 / 1250 / 2000 Ebro F260 / F275 / F350 Ebro Trade |
Deseño | AISA[1] |
Produción | 1976-1984 (Avia) 1976-1986 (Ebro) 1986-2001 (Nissan) |
Montaxe | Ávila e Barcelona[2] |
Configuración | |
Tipo | Vehículo comercial lixeiro |
Carrozaría | Furgoneta cinco e seis portas Chasis-cabina dúas e catro portas |
Configuración | Motor dianteiro / tracción dianteira ou traseira |
Modelos relacionados | |
Antecesor | Ebro F108 |
Sucesor | Nissan Cabstar e Nissan Interstar |
Pechar
O Nissan Trade lanzouse ao mercado como unha versión renovada dos Ebro serie F / Trade, despois de que Nissan completase a adquisición do fabricante español Ebro. Estes vehículos —cuxa produción se iniciou en 1976— tamén tiñan sido vendidos pola marca española Avia, cos nomes Avia 1000, Avia 1250 e Avia 2000.