Ávila
concello de Castela e León / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ávila é unha cidade española, en Castela e León, capital da provincia homónima. Situada a 1.128 m de altura, nun promontorio rochoso na beira dereita do río Adaja, afluente do Douro, é a capital de provincia sita a máis altitude de España, e a cuarta cidade máis alta de Europa. A súa área municipal acada 231,9 km². A súa poboación alcanzaba 52.612 habitantes en 2005. O xentilicio para se referir aos seus moradores é "abulenses".
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Ávila | ||||
Capital de | |||||
Capital | Ávila (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 57.741 (2023) (248,99 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 231,9 km² | ||||
Bañado por | Río Adaja | ||||
Altitude | 1.132 m | ||||
Punto máis alto | alto de Casasola (1.540 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Adaja (975 m) | ||||
Comparte fronteira con | Herradón de Pinares (pt) San Esteban de los Patos (pt) Mingorría (pt) Cardeñosa (pt) Tolbaños (pt) Mediana de Voltoya (pt) Berrocalejo de Aragona (pt) Ojos-Albos Santa María del Cubillo (pt) Monsalupe (pt) Bularros (pt) Riofrío Tornadizos de Ávila (pt) Marlín (pt) Gemuño (pt) La Colilla (pt) El Fresno (pt) Martiherrero (pt) Navalperal de Pinares (pt) | ||||
Santo padrón | Tareixa de Ávila | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jesús Manuel Sánchez Cabrera (2019–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 05001–05006 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 920 | ||||
Código INE | 05019 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | avila.es | ||||
Ávila de los Caballeros é un título honorífico da cidade. Outro é "Ávila del Rey", e aínda "Ávila de los leales". Entre 1482 e 1807 contou cunha universidade.
A cidade caracterízase, especialmente, por estar arrodeada dunha muralla medieval completa, de orixe románica. Tamén é unha das cidades con maior número de igrexas (románicas e góticas) con relación ao número dos seus habitantes. En 2012 o seu termo municipal concentraba o 34% do total de poboación da provincia.
Trala fundación romana e a asimilación da poboación autóctona vetona da zona, pois non existen indicios claros dun asentamento prerromano no centro histórico, a cidade pasaría ao poder visigodo. Ávila caeu, do mesmo xeito que a maior parte do territorio peninsular, baixo dominio musulmán a comezos do século VIII, e non sería reconquistada de forma definitiva polas tropas cristiás ata o século XI. Experimentou un notable auxe durante o século XVI, para verse posteriormente sumida nunha prolongada crise e declive ata o século XIX, no cal a construción do ferrocarril conseguiu dar un pulo ao desenvolvemento económico.
Ávila posúe os títulos de «Ávila do Rei», outorgado por Afonso VII, «Ávila dos Leais» outorgado por Afonso VIII e «Ávila dos Cabaleiros» outorgado por Afonso XI, todos eles presentes na bandeira da cidade. O aceno de identidade é a súa completa muralla medieval, de estilo románico, destacando tamén outras construcións representativas como a catedral do Salvador, cuxo ciborio móntase sobre a muralla, ou a basílica de San Vicente, foi considerada tradicionalmente como «cidade de cantos e de santos» e o seu centro histórico medieval, en excelente estado de conservación, foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1985.