![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/58/Norepinephrine.svg/langgl-640px-Norepinephrine.svg.png&w=640&q=50)
Neurotransmisor monoamina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os neurotransmisores monoaminas son compostos químicos que funcionan como neurotransmisores e neuromoduladores, que conteñen un grupo amino conectado a un anel aromático por medio dunha cadea de dous carbonos (como -CH2-CH2-). Exemplos son a dopamina, a norepinefrina e a serotonina.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2f/Dopamine.svg/320px-Dopamine.svg.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/58/Norepinephrine.svg/320px-Norepinephrine.svg.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f0/Serotonin.svg/320px-Serotonin.svg.png)
Todas as monoaminas derivan de aminoácidos aromáticos como a fenilalanina, tirosina e triptófano pola acción de encimas aminoácido aromático descarboxilases. Son desactivadas no corpo polos encimas monoamino oxidases, que separan o grupo amino.
Sistemas monoaminérxicos, por exemplo as redes neuronais que usan neurotransmisores monoaminas, están implicados na regulación de procesos como a emoción, excitación e certos tipos memoria. Tamén desempeñan un importante papel na secreción e produción de neurotrofina-3 realizada polos astrocitos, un composto químico que mantén a integridade das neuronas e proporciona a estas soporte trófico.[1]
As drogas que incrementan ou reducen o efecto de neurotransmisores monoamina utilízanse para tratar pacientes con trastornos psiquiátricos e neurolóxicos, incluíndo a depresión, ansiedade, esquizofrenia e párkinson.[2]