xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Nesotragus é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos creado no ano 1846 polo naturalista sueco Von Dueben, nun traballo publicado na revista Ofvers. K. VetenskAcad. Förh. Stockholm, 3 (7): 221.[1][2]
Inicialmente incluía as especies Nesotragus moschatus Von Dueben, 1846 e N. livingstonianus Kirk, 1865.[3]
Pero máis tarde o xénero foi abandonado, e ambas as dúas especies foron incluídas no xénero Neotragus C. H. Smith, 1827.[2]
O nome Nesotragus está formado polos elementos do latín científico neso- e -tragus. O primeiro é un calco do prefixo grego antigo νῆσο- nễso-, derivado de νῆσος nễsos, 'illa', e o segundo elemento está tirado do substantivo do grego antigo τράγοσ trágos, 'bode', 'cabrón', 'castrón', 'chibo'.[4] Literalmente, 'bode que está no medio', 'bode intermedio'.
No ano 2014, os investigadores Eva V. Bärmann, da Universidade de Cambridge, e o seu colega Tim Schikora, do Centro de Investigación da Biodiversidade e o Clima de Frankfurt, nun estudo da polimorfía do xénero Neotragus, afirmaron que, a pesar de que as especies de antílopes ananos se reuniron comunmente na tribo dos neotraguinos debido á súa aparencia morfolóxica xeral, as análises filoxenéticas demostraron que non todos están estreitamente relacionados, polo que suxeriron restrinxir o nome de Neotragini ao xénero tipo Neotragus. No seu estudo utilizaron secuencias do citocromo b mitocondrial e medicións lineais do cranio para investigar máis a fondo a similitude das tres especies de Neotragus. Estas análises apoian a estreita relación de N. moschatus e N. batesi. Porén, Neotragus pygmaeus, a especie tipo —que nunca antes se incluíra nas análises filoxenéticas— non está estreitamente relacionada. Segundo estes autores, podería compartir un antepasado común máis recente con outro "antílope anano", o Oreotragus oreotragus, e cos duiqueros do taxon Cephalophini. Polo tanto, suxeriron resucitar o xénero Nesotragus von Dueben, 1846 para Nesotragus moschatus e N. batesi, e deixando a Neotragus pygmaeus como a única especie do seu xénero.[5]
Porén, a maioría dos autores non consideran válido o xénero Nesotragus.[2][6][7][8][9]
Aínda que a Unión Internacional para a Conservación da Natureza inclúe, na páxina Neotragus, as tres especies Neotragus batesi,[10] Neotragus pygmaeus[11] e Nesotragus moschatus, na páxina de Nesotragus moschatus os asesores da UICN indican que esta especie foi incluída no xénero Neotragus, xunto con Neotragus batesi e N. pygmaeus, por varios autores, pero que alí se inclúe no xénero monotípico Nesotragus[12] seguindo a Ellerman et al. (1953),[13] e Kingdon (2013).[14]
Polo tanto, segundo estes autores, a clasificación das tres especies citadas quedaría así:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.