municipio da provincia de Málaga (España) From Wikipedia, the free encyclopedia
Nerja é un municipio e cidade da provincia de Málaga (Andalucía) e o pobo máis oriental da comarca da Axarquía. É un destino turístico pertencente á Costa do Sol. Ten unha poboación oficial de máis de 22.000 habitantes. Case un terzo dos residentes son estranxeiros, predominantemente ingleses.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Málaga | ||||
Capital | Nerja | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 21.913 (2023) (257,8 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 85 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 26 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Alberto Armijo Navas | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 29780 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 29075 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | esnerja.com | ||||
Limita: ao norte co municipio de Cómpeta, ao leste co municipio granadino de Almuñécar, ao sur co mar Mediterráneo, ao oeste co municipio de Torrox, e ao noroeste co municipio de Frigiliana.
Está situado a uns 52 km ao leste da cidade de Málaga, e queda a dúas horas por estrada de Granada e da estación de esquí de Serra Nevada.
En Nerja atópase a entidade local menor de Maro.
Nerja ten historia longa probada polas pinturas atopadas na famosa Cova de Nerja descuberta en 1959 e hoxe en día é o sitio turístico español máis visitado tras o Museo do Prado de Madrid e a Alhambra de Granada. Baixo o reino musulmán, o nome era Narixa, que significa «fonte abundante» e que é a orixe do nome actual.
No centro do pobo está o Balcón de Europa, un miradoiro que regala vistas impoñentes do mar aos seus hóspedes. O nome de "Balcón de Europa" foi proposto polo Rei Afonso XII, que visitou a zona en 1885 logo dun sismo desastroso e que quedou cativado polo escenario.
Nerja ten varias praias, entre as que cabe destacar as de Burriana, Calahonda, El Salón, La Torrecilla e El Playazo. Esta última conta cunha contorna que aínda non sufriu as consecuencias da urbanización descontrolada do litoral malagueño.
Nerja posúe un clima suave todo o ano, que permite o cultivo de froitos subtropicais como a chirimoia ou o aguacate.
En Nerja gravouse durante 1979 e 1980 a famosa serie de televisión Verano azul e naceron a cantante e actriz Nuria Fergó, e a actriz da serie Yo soy Bea, Ruth Núñez.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.