From Wikipedia, the free encyclopedia
O neonazismo é un movemento social e político xurdido despois da segunda guerra mundial que busca a recuperación do nazismo.[1][2][3][4] O termo neonazismo pode referirse tamén á ideoloxía deses movementos.[5][6]
O neonazismo toma elementos da doutrina nazi, incluíndo o nacionalismo militar, o racismo, a xenofobia, a homofobia, o antisemitismo e o comezo do "Cuarto Reich". A negación do Holocausto é un elemento frecuente, así como a incorporación dos símbolos nazis e a admiración a Adolf Hitler.
O neonazismo é un fenómeno global, con representacións organizadas en moitos países e con redes internacionais. Algúns países de Europa e de América Latina teñen leis que prohiben a expresión en termos pro-nazis, racistas pro-Nazi, antisemitas ou homófobos. Moitos símbolos relacionados co nazismo están prohibidos en países europeos nun esforzo de diminuír o neonazismo.[7][8] [9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.