Nava Castro

filóloga e política galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Nava Castro

María Nava Castro Domínguez, nada en Ponteareas o 6 de marzo de 1969, é unha política galega do PPdeG.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Nava Castro
Thumb
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1969 (55 anos)
Ponteareas, España
Alcaldesa de Ponteareas
2023 
 Cristina Fernández Davila
Deputada de España
26 de marzo de 2008 – 7 de maio de 2009 – Jesús Pérez Arca 

Circunscrición electoral: Pontevedra

Alcaldesa de Ponteareas
2000 – 2003
 José Castro ÁlvarezFrancisco Candeira 
Deputada do Parlamento de Galicia
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - filoloxía hispánica
Actividade
Ocupaciónpolítica
Familia
PaiJosé Castro Álvarez
Pechar

Traxectoria

Filla de José Castro Álvarez, alcalde de Ponteareas entre 1968 e 2000. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid. Foi tenente de alcalde do concello de Ponteareas, Concelleira de Economía e Facenda e de Servizos Sociais. En setembro de 1998 entrou no Parlamento de Galicia substituíndo a Pablo Crespo, pero remataría renunciando aos poucos meses trala condena do seu pai José Castro Álvarez por corrupción (falsidade documental e prevaricación) en solidariedade polo que consideraban unha actitude de abandono por parte do partido.

Nas eleccións municipais de 1999 seu pai concorreu con Unión Condado-Paradanta (UPCA) con ela de número 3, mantendo a alcaldía. Trala denegación do indulto por parte do Goberno de Aznar á condena do seu pai substituíno como alcaldesa de Ponteareas en setembro de 2000[1][2]. Concorreu como candidata de UCPA nas eleccións municipais de 2003 e perdeu a alcaldía, xa que o candidato do PSdeG Francisco Candeira recibiu o apoio dos concelleiros do BNG e do PPdeG. En maio de 2004 apoiou unha moción de censura que lle deu a alcladía ao candidato popular Salvador González Solla, co cal gobernaría en coalición ata setembro de 2006. Nas municipais de 2007 encabezou de novo a UPCA, pero nesta ocasión foi superada tanto polo BNG como polo PPdeG, volvendo a apoiar aos populares e reestablecendo o pacto de goberno coa formación. En 2008 o partido disolveuse e integrouse no Partido Popular.[3]

Nas eleccións xerais de 2008 foi elixida deputada polo Partido Popular pola provincia de Pontevedra. Renunciou en maio de 2009 tras ser nomeada Directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria. En 2011 foi número 2 da candidatura do PPdeG en Ponteareas, encabezada polo alcalde Salvador González Solla, porén pese a lograla vitoria e revalidalo goberno non tomou posesión da súa acta e continuou como Directora Xeral. O 17 de xaneiro de 2013 foi nomeada Secretaria Xeral de Turismo da Xunta[4] posto que posteriormente se renomeou como Directora Xeral[5][6].

En 2023 encabezou a candidatura do PPdeG en Ponteareas e foi elixida alcaldesa como cabeza da lista máis votada.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.