![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6a/Plate_sphinx_BM_GR1965.9-30.705.jpg/640px-Plate_sphinx_BM_GR1965.9-30.705.jpg&w=640&q=50)
Naukratis
From Wikipedia, the free encyclopedia
Náucratis ou Naukratis (en grego:Ναύκρατις, "Comandancia naval";[1] en exipcio: njwt-kꜣrṯ, nskꜣrṯ, pr-mryt,[2] en copto: Ⲡⲓⲉⲙⲣⲱ, Piemro[3]) foi unha cidade e posto comercial no antigo Exipto, situada na rama Canópica (máis occidental) do río Nilo, sueste do Mediterráneo e de Alexandría. Foi a primeira e, durante gran parte da súa historia inicial, única colonia grega permanente en Exipto, servindo de nexo para o intercambio de arte e cultura grega e exipcia.
![]() | |
![]() | |
Rexión | Baixo Exipto |
---|---|
Tipo | Asentamento grego |
Historia | |
Culturas | Grega e exipcia |
Satélite de | Antiga Grecia |
As modernas vilas de Kom Gi'eif, el-Nibeira e el-Niqrash cobren o sitio arqueolóxico,[4] un achado de grande importancia. É fonte de obxectos de arte contidos en moitos museos do mundo e dunhas das primeiras escrituras gregas existentes (inscricións na cerámica).
O porto irmán de Náucratis foi a cidade de Heracleion, descuberta no 2000.