![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/07/Coptic.jpg/640px-Coptic.jpg&w=640&q=50)
Lingua copta
forma tardía da lingua exipcia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O copto ou copta (ⲙⲛⲧⲣⲙⲛⲕⲏⲙⲉ met rem en kēme) é a última forma de escrita utilizada no Antigo Exipto, descendente directa do exipcio pero escrita nunha forma modificada do alfabeto grego. Pertence, polo tanto, á familia afroasiática de linguas, na subfamilia exipcia. Floreceu, como lingua falada, entre os séculos II e X e emprégase hoxe en día como lingua litúrxica da Igrexa Ortodoxa Copta e da Igrexa Católica Copta.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/07/Coptic.jpg/320px-Coptic.jpg)
![]() |
Este artigo amosa escritos coptos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |