From Wikipedia, the free encyclopedia
Os nadadores (Natantia) é un taxon obsoleto de crustáceos decápodos, que comprendía aquelas familias que integran as especies que se moven principalmente mediante a natación, como os camaróns (os carideos ou Caridea e os procaridideos ou Procarididea), os lagostiños e as gambas (dendrobranquiados ou Dendrobranchiata) e os chamados en inglés boxer shrimp, "camaróns bóxer", os estenopodideos ou Stenopodidea.[1]
Todos os demais decápodos —nécoras, centolas, lumbrigantes e outros moitos animais caracterizados por camiñar polo fondo— agrupábanse no outro grupo ou orde, o dos reptadores (Reptantia).[1]
Porén, esta clasificación segue encontrándose nos libros antigos, e mesmo en cursos de bioloxía mariña dalgunhas universidades [2] ou en páxinas web serias.[3]
Orde decápodos (Decapoda):[3]
A división entre Natantia e Reptantia foi cambiada en 1963, cando Martin Burkenroad fundou a suborde Pleocyemata (pleociemados) para aqueles animais que transportaban os ovos nos pleópodos, deixando a outra suborde, a dos Dendrobranchiata dendrobranquiados, para gambas, camaróns e afíns.[1]
Baixo este sistema, Natantia é un grupo parafilético. A división primaria de Burkenroad dos decápodos en Dendrobranchiata e Pleocyemata foi, desde entón, corroborada por análises moleculares filoxenéticas.[4]
A clasificación actual, até o nivel de infraordes, segundo De Grave et al., é:[5]
Orde Decapoda Latreille, 1802
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.