artista de vangarda rusa From Wikipedia, the free encyclopedia
Natalia Sergeevna Goncharova (en ruso: Ната́лья Серге́евна Гончаро́ва), nada en Nagaevo (gobernación de Tula) o 21 de xuño de 1881 e finada París o 17 de outubro de 1962 foi unha artista de vangarda rusa, pintora, deseñadora de vestiario, escritora, ilutstrado e deseñadora de escenarios. Foi parella do artista Mikhail Larionov e membro fundadora de Valet de Diamantes (190-1911), primeiro gurpo de exposición radical independente de Moscova, e do máis radical Rabo de Asno (1912–1913). Con Larionov inventou raionismo (1912-1914). Tamén foi membro do movemento artístico con base en Alemaña Der Blaue Reiter. Mudouse a París en 1921 e viviu alí ata a súa morte.
A súa pintura influíu na vangarda rusa. As súas exposicións tiveron lugar en Moscova e San Petersburgo (1913 e 1914), e na primeira foi promovida como "nova" artista por unha galería independente. Cando chegou o período prerrevolucionario a Rusia, onde a pintura e o debuxo de iconas eran unha profesión segura, a súa achega moderna representación das iconas eran transgresoras e problemáticas. A súa obra adoita ser considerada demasiado específica culturalmente da súa herdanza eslava para ser considerada universalmente como de vangarda.[1][2]
A obra de Goncharova atópase en numerosas institucións públicas:
O 18 de xuño de 2007, a pintura de Gonchareva Recollendo mazás (1909) foi vendida nunha poxa en Christie's por 9,8 millóns de dólares, establecendo un récord para unha muller artista nese tempo.[9] Está considerada unha das mulleres artistas máis valiosas nunha poxa.[10]
O 3 de xullo de 2017, Google celebrou o 136.º aniversario do seu nacemento cun Google Doodle.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.