Nanunanu-i-Cake
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nananu-i-Cake [nɑː.nɑːˈnuː iː ðɑːˈkeː] é un illa de Fidxi preto dun quilómetro da costa da illa principal de Viti Levu, preto da cidade de Rakiraki da Provincia Ra.
Nanunanu e Cake | |
---|---|
Situación | |
País | Fidxi |
Arquipélago | Nanunanu |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 17°19′S 178°14′L |
Xeografía | |
Superficie | 2´225 2 km² |
Nananu-i-Cake atópase xusto á beira da illa de Nananu-i-Ra. As illas Nananu-i-Cake e Mabua (o illote que se atopa inmediatamente ao sueste) teñen unhas 242´81 hectáreas ou 2.225.780 metros cadrados de superficie..[1]
O nome da illa, Nananu-i-Cake, significa "Fantasía a barlovento" (ou ao leste) en fidxiano. A illa tamén é coñecida por outros nomes, entre eles Ananugata, Nananugata, Yananu[2] e illa Nananu-i-Thake.[3]
A residencia principal da illa foi deseñada polo estudo de arquitectura de Murray Cockburn, con sede en Auckland. Un peirao de augas profundas na costa occidental da illa.
En 1974, Sir Harold Mitchell visitou Fidxi desde o Reino Unido e comprou Nananu-i-Cake e Mabua como refuxio. Debido á posición de Harold de Vice-Presidente do Partido Conservador con Sir Winston Churchill e a súa posición social e política, varios dignatarios de alto nivel visitaron e quedaron na illa. Árbores conmemorativos foron plantados por moitas destas visitas de alto perfil. Nananu-i-Cake pertence á familia de Sir Harold Mitchell desde 1974.[4][5]
Nananu-i-Cake tamén conserva evidencias de moka, formacións de pedra construídas en zonas de marea para atrapar peces na marea baixa, e fortificacións con paredes en anel construídas con pedras volcánicas.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.