![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/Bandera_Bodoland.svg/langgl-640px-Bandera_Bodoland.svg.png&w=640&q=50)
Nacionalismo bodo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O nacionalismo bodo é unha ideoloxía que apoia a autodeterminación do pobo bodo,[1] o meirande grupo etnolingüistico do estado indio de Assam.[2] O pobo bodo alegan ser vítimas de presuntas agresións por parte de grupos musulmáns no estado indio de Assam.[3] Moitos nacionalistas bodo apoian o estabelecemento de Bodoland como un estado separado da India e como nación do pobo bodo.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/Bandera_Bodoland.svg/640px-Bandera_Bodoland.svg.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6c/Bodoland_Territorial_Area_Districts.svg/640px-Bodoland_Territorial_Area_Districts.svg.png)
Os bodos están oficialmente identificados como unha tribo recoñecida polo Constitución da India,[4] e a súa lingua, a bodo, é recoñecida como unha das vinte e dúas linguas oficiais do país.[5] No presente contan cun status especial na rexión de Bodoland, unha división administrativa de Assam, e tamén como minoría étnica.[6]