![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8d/M-Audio_Trigger_Finger_Pro_-_angled_-_2014_NAMM_Show_%2528by_Matt_Vanacoro%2529.jpg/640px-M-Audio_Trigger_Finger_Pro_-_angled_-_2014_NAMM_Show_%2528by_Matt_Vanacoro%2529.jpg&w=640&q=50)
Música Trap
xenero musical / From Wikipedia, the free encyclopedia
A música trap é un subxénero musical do hip hop. Xurdiu a principio dos anos 1990[1] no sur dos Estados Unidos.[2][3] Caracterízase polo uso de sons repetitivos e melodías sonoras sintéticas, primando a sonoridade e a musicalidade sobre a música e a letra.
Música Trap | |
---|---|
![]() | |
Orixe musical | Southern hip hop, gangsta rap, hardcore rap, música snap |
Orixe cultural | Comezos da década de 1990, Atlanta, Xeorxia, Estados Unidos |
Instrumentos típicos | Caixas rítmicas, sintetizadores, sub-graves, auto-tune |
Derivados | Afro trap, emo rap, hookah rap, hyperpop, trap latino |
Subxéneros | |
Cloud rap, drill, phonk, plugg, rage, tred rap | |
Xéneros de fusión | |
Country trap, música trap (electrónica), trap metal | |
Escenas locais | |
Atlanta hip hop, memphis hip hop | |
O xénero recibe o seu nome da palabra slang de Atlanta "trap house", unha casa utilizada exclusivamente para vender drogas. A música trap usa batería sintetizada e caracterízase por complexos patróns de hi hat, bombos cun sustain longo (orixinalmente da caixa de ritmos Roland TR-808) e contido lírico que a miúdo se centra no consumo de drogas e a violencia urbana.[4][5][2][6] Utiliza moi poucos instrumentos e céntrase case exclusivamente en caixas e hi hats de dobre ou triplo tempo.[7][8]
Entre os pioneiros do xénero figuran os produtores Kurtis Mantronik, Mannie Fresh, Shawty Redd, Fatboi, Zaytoven, DJ Screw e Toomp, xunto cos rapeiros Young Jeezy, Gucci Mane e T.I. (que acuñou o termo co seu álbum Trap Muzik de 2003). O son do trap moderno foi popularizado polo produtor Lex Luger, quen produciu o influinte álbum de Waka Flocka Flame Flockaveli en 2010, e cofundou o prolífico equipo de produción de hip hop 808 Mafia.[9]
Desde que pasou ao mainstream na década de 2010, o trap converteuse nunha das formas máis populares da música estadounidense, dominando constantemente o Billboard Hot 100 ao longo da década, con artistas como Drake, Future, Cardi B, 21 Savage, Migos, Lil. Uzi Vert, Post Malone, XXXTentacion, Young Thug e Travis Scott (entre moitos outros) acadaron os primeiros postos nas listas con cancións con produción inspirada no subxénero trap.[10] Influíu na música de moitos artistas pop e R&B, como Ariana Grande, Beyoncé, Miley Cyrus, Rihanna e outros.[5][11] A súa influencia tamén se pode escoitar no reguetón e no K-pop.[11] En 2018, o hip hop converteuse na forma de música máis popular por primeira vez (segundo Nielsen Data), coincidindo co continuo aumento da popularidade do trap. [12] En 2019, os éxitos de trap acumularon un grande éxito comercial, como "7 rings" de Ariana Grande que pasou 8 semanas no número 1 da lista Billboard Hot 100; outro éxito trap foi a canción country-trap "Old Town Road" de Lil Nas X (con Billy Ray Cyrus), que bateu o récord de pasar máis semanas (19) na parte superior da lista Billboard Hot 100, ademais de converterse a canción máis rápida en acadar unha certificación de diamante.[13][14]