especie de mustélido From Wikipedia, the free encyclopedia
Mustela nigripes é unha especie de mustélido orixinario de América do Norte e Central. Está clasificado como especie en perigo pola IUCN debido ás súas poboacións pequenas e restrinxidas. A especie declinou durante o século XX, principalmente como resultado da diminución das poboacións de cans das pradeiras (Cynomys spp) e polas pestes silvestres. Creuse extinto ata que o can de Lucille Hogg levou un exemplar morto ata a porta da súa casa en Meeteetse, Wyoming, en 1981.[2] A poboación remanente dunhas poucas ducias de touróns durou ata que se considerou a especie como extinta en liberdade en 1996.[3] Porén, o Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos lanzou un programa de cría en catividade e reintroduciu a especie en oito estados dos Estados Unidos, no Canadá e en México dende 1991 a 2009. Existen 1 000 exemplares maduros nados en liberdade divididos en 18 poboacións, con cinco poboacións estables en Dacota do Sur, Arizona e Wyoming.[1][4] Foi clasificado como "especie en perigo" en 1982, "extinto en liberdade" en 1996 e de novo "en perigo" na Lista Vermella da IUCN en 2008.[1]
Mustela nigripes | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Distribución da especie. |
En febreiro de 2021, o primeiro exemplar clonado da especie, unha femia chamada Elizabeth Ann, foi presentada ó público.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.