museo en Wellington, Nova Zelandia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa, máis coñecido como Te Papa, é un museo nacional de Nova Zelandia que se atopa na cidade de Wellington. Trátase dun museo que mantén unha proposta de integración e traballo multidisciplinar.
Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa | |
---|---|
Na rede | |
https://www.tepapa.govt.nz | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo Colonial creado en 1885 foi o seu predecesor, construíuse en Museum Street e James Hector foi o seu primeiro director.[1] Nos anos trinta do século XX trasladouse a un edificio en Buckle Street, preto da Galería Nacional de Arte de Nova Zelandia que en 1992 se fusionou con el, configurando Te Papa Tongarewa pero até o 14 de febreiro de 1998 non se inaugurou no edificio actual estando dirixido por Dame Cheryll Sotheran. Desde entón, recibe a visita dun millón de persoas cada ano.
Dispón de diferentes coleccións:
Dispón ademais de varios arquivos e unha extensa biblioteca coñecida como Te Aka Matua. As súas exposicións permanentes amosan un percorrido histórico, cultural e artístico sobre Nova Zelandia e atópanse distribuídas en seis pisos con nomes temáticos como: un xardín, forzas impresionantes, corais, Mana Whenua ou arte maorí xunto a outras dedicadas a obras pictóricas do impresionismo, simbolismo, expresionismo, cubismo e surrealismo.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.