O Museo Monetario Cantonal de Lausana (en francés: Musée monétaire cantonal de Lausanne) é unha institución museística especializada en moedas, medallas, billetes, pesos monetarios e outros obxectos relacionados coa numismática e outras disciplinas afíns, situado en Lausana, no cantón suízo de Vaud.[1]

Datos rápidos Museo Monetario Cantonal de Lausana –Musée monétaire cantonal de Lausanne–, Coordenadas ...
Museo Monetario Cantonal de Lausana
–Musée monétaire cantonal de Lausanne–
Thumb
O Palais de Rumine, sede do museo
Coordenadas46°31′25″N 6°38′14″L
PaísSuíza Suíza
CidadeLausana
DirectorLionel Pernet.
Inauguración- 1775: inicio da colección.
- 1818: Museo Cantonal.
- 1940: Gabinete de Medallas.
- 2003: Museo Monetario Cantonal.
- 2019: integración no MCAH.
Na rede
http://www.mcah.ch/expositions/expositions-permanentes/collections-monnaies-et-medailles/
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Desde 2019, as coleccións do Museo Monetario Cantonal de Lausana forman parte do Museo Cantonal de Arqueoloxía e de Historia (Musée cantonal d'archéologie et d'histoire -MCAH-).[2][3]

Historia

Xa desde os primeiros anos do século XVIII, as autoridades do cantón de Berna pasaron a tomar posesión de todos os achados monetarios ocorridos no territorio de Vaud. En 1755, César de Saussure-Gaudard estableceu as bases dunha primeira colección numismática pública, iniciada coa súa doazón de cinco moedas turcas, que se situou na biblioteca da cidade. En 1779, cando se levou a cabo a redacción do seu primeiro catálogo, a colección contaba xa con arredor de medio milleiro de pezas. En 1818, esta colección pasou a ter a consideración de "museo cantonal".[1][4]

Entre 1906 e 1907, o museo foi trasladado á súa sede definitiva do Palais de Rumine e, xa nos inicios do século XX, pasou a ser designado como depositario oficial de todos os achados monetarios ocorridos no territorio do cantón de Vaud, o que, en datos de 2013, ascendía a 150 tesouros e máis de 10.000 pezas.[1]

En 1940 pasou a denominarse Gabinete de Medallas (Cabinet des édailles) e en 2003 adoptou o nome de Museo Monetario Cantonal (Musée monétaire cantonal). Finalmente, en 2019, todas as coleccións numismáticas do cantón de Vaud pasaron a integrarse no Museo Cantonal de Arqueoloxía e de Historia (MCAH), co que o Museo Monetario deixou de ter a súa identidade propia.[3]

O número anual de visitantes foi de preto de 10.000 persoas durante o período 2010-2016.

Coleccións

Logo do seu establecemento no Palais de Rumine, o museo ten uns fondos de arredor de 100.000 pezas e presenta unha exposición permanente acerca da historia da moeda. As súas coleccións abranguen as moedas, as medallas, as fichas, os ponderais e os selos do bispado de Lausana, do cantón de Vaud e, máis amplamente de toda Suíza e dos países da súa contorna.[4][5][6][7]

A institución dispón tamén dunha biblioteca especializada en numismática con arredor de 20.000 volumes.[8]

Publicacións

  • (1994): Martin, C.: Campagnolo, M. Catalogue des balances de changeurs des dénéraux et des poids: collections du Cabinet des médailles de Lausanne. 1, La France et l'Italie. ISBN 2-940094-00-4
  • (1995): Martin C. Catalogue des mandats monétaires: collections du Cabinet des médailles de Lausanne. ISBN 2-940094-02-0
  • (2002-2005): Eisler, W. L. The Dassiers of Geneva: 18th-century European medallists : collections of the Cabinet de numismatique, Geneva, and the Cabinet des médailles cantonal.
    • (2002): Vol. I: Jean Dassier, medal engraver, Geneva, Paris and London, 1700-1733. ISBN 2-940094-05-5
    • (2005): Vol II : Dassier and sons: an artistic enterprise in Geneva, Switzerland and Europe 1733-1759. ISBN 2-940094-06-3
  • (2010): Geiser, A. (dir). Alexandre le grand et les Royaumes hellénistiques: l'histoire racontée par les monnaies : catalogue de l'exposition. ISBN 978-2-940094-72-1
  • (2011): Raemy Tournelle, C. (dir). Napoléon, un destin gravé dans le métal: catalogue de l'exposition du 2 septembre 2011 au 2 septembre 2012. ISBN 978-2-940094-73-8
  • (2017): Consiglio, N.; Geiser, A. et al. Par ici la monnaie! Une exposition du Musée monétaire cantonal... ISBN 9782940094837

Galería

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.