From Wikipedia, the free encyclopedia
Musa, coñecida tamén como Termusa, foi raíña do Imperio parto desde o ano 2 a. C. até o 2 d. C.. Sendo orixinalmente raíña consorte do monarca Fraates IV (r. 37 a. C. – 2 a. C.), a quen matou para logo rexer o Imperio canda o seu fillo, Fraates V. É a primeira das tres únicas mulleres que asumiron o goberno na historia de Irán, as outras dúas son as irmás sasánidas Boran (r. 630–630, 631–632) e Azarmedukht (r. 630–631).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 46 a. C. Italia, Roma Antiga |
Morte | século I Imperio Romano |
Raíña consorte Partos | |
20 a. C. – 2 a. C. | |
Rei de Reis | |
2 a. C. – 4 | |
Actividade | |
Ocupación | política, raíña |
Outro | |
Título | Raíña consorte |
Cónxuxe | Fraates IV da Pártia |
Fillos | Fraataces |
Musa era unha concubina romana que fora entregada ao rei parto Fraates IV polo emperador Augusto (r. 27 a. C. – 14 a. C.) despois dun tratado no ano 20 a. C., en virtude do cal os partos recoñecían a hexemonía romana sobre Armenia, e estes pola súa banda aceptaban a designación do Éufrates como fronteira.[1] Desposada co soberano arsácida, a romana converteuse rapidamente na súa raíña e esposa favorita e deu a luz un varón, Fraataces.[2] Influído aparentemente por Musa, Fraates IV enviou ao seus catro primoxénitos a Roma para evitar conflitos pola súa sucesión,[3] e no ano 2 a. C., foi envelenado por ela. Musa ascendeu entón ao trono do Imperio canda seu fillo non lexitimado, quen subiu ao trono como Fraates V.[4]
Con todo, despois dun curto período de goberno, ambos foron derrocados e executados pola nobreza, quen coroou a un certo Orodes III dous anos despois.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.