Muralla de Hadrián

From Wikipedia, the free encyclopedia

Muralla de Hadriánmap

O Muro ou Muralla de Hadrián (en latín: Vallum Hadriani) é unha antiga construción defensiva da illa de Gran Bretaña, erguida entre os anos 122-132 por orde do emperador romano Hadrián para defender o territorio britano sometido, ao sur da muralla, das belicosas tribos dos pictos que se estendían ao norte da mesma, no que chegaría a ser Escocia trala invasión dos escotos provenientes de Irlanda. A muralla tiña como función tamén manter a estabilidade económica e crear condicións de paz na provincia romana de Britania ao sur, así como marcar fisicamente a fronteira do Imperio. Hoxe día aínda subsisten importantes treitos da muralla.

Datos rápidos Patrimonio da Humanidade - UNESCO, País ...
Muralla de Hadrián
Thumb
Vista dos restos do Muro.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Reino Unido
Localización55°01′27″N 2°17′33″O
TipoCultural
Criteriosii, iii, iv
Inscrición1987
Rexión da UNESCOEuropa
Identificador430ter
Pechar

Este limes fortificado estendíase durante 117 km desde o golfo de Solway, no oeste, ata o esteiro do Tyne no leste, e estaba flanqueado polas poboacións de Pons Aelius (actual Newcastle) e Maglona (Carlisle). A muralla en si estaba construída na súa totalidade con perpiaños, tiña un canto de 2,4 a 3 m e unha altura de entre 3,6 e 4,8 m. Contaba con 14 fortes principais e 80 fortíns que albergaban gornicións en puntos claves de vixilancia, así como un foxo na súa parte setentrional de 10 m e un camiño militar que a percorría polo seu lado meridional. O seu nome úsase en ocasións como sinónimo da fronteira entre Escocia e Inglaterra, aínda que na maioría da súa lonxitude, o muro segue unha liña máis ao sur que a fronteira moderna.

A súa función defensiva foi asumida pola muralla de Antonino, erguida máis ao norte e abandonada tras un breve período de tempo diante da hostilidade dos tribos caledonias, volvendo a muralla de Hadrián a ser o límite setentrional do territorio romano de Britania. Os pictos atravesaron a muralla en tres ocasións, en 197, 296 e 367. Foi reparada e ampliada en 209, durante o reinado de Septimio Severo, e definitivamente abandonada no ano 383.

A UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade en 1987. A "English Heritage", unha organización gobernamental a cargo do contorno histórico de Inglaterra, descríbeo como "o monumento máis importante construído polos romanos en Gran Bretaña".

Galería

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.