From Wikipedia, the free encyclopedia
O Munster Rugby (en irlandés: Rugbaí Mumhan) é un dos catro equipo profesionais provinciais de rugby da Illa de Irlanda. O club compite no Pro14 e na Copa de Campións (Champions Cup). O equipo representa á sección de Munster da Irish Rugby Football Union (IRFU), sendo así o responsable do rugby na provincia.[1] O estadio principal do equipo é o Thomond Park de Limerick, recinto con capacidade para 25.600 espectadores. Con todo, ás veces tamén xogan no Irish Independent Park de Cork, con capacidade para 8.008. Entre os principais títulos obtidos polo club, están dúas Champions Cup (2006 e 2008) e tres Pro14 (2003, 2009 e 2011).
Nome | Munster Rugby | ||
---|---|---|---|
Unión | IRFU | ||
Alcume(s) | The Red Army | ||
Fundación | 1879; hai 145 anos | ||
Sede | Limerick e Cork, Irlanda | ||
Estadio(s) | Thomond Park (25.600 espect.) Musgrave Park (8.008 espect.) | ||
Presidente | Michael Keane | ||
Adestrador | Johann van Graan | ||
Capitán | Peter O'Mahony | ||
Caps | Donncha O'Callaghan (268) | ||
Anotador | Ronan O'Gara (2.625) | ||
Ensaios | Simon Zebo (60) | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | 2º (conferencia A) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.munsterrugby.ie/ | |||
O equipo de Munster foi fundado oficialmente en 1879, á vez que os equipos das provincias de Leinster e Ulster, sendo o de Connacht fundado unha década despois en 1889. Porén, o primeiro xogo interprovincial entre representantes das provincias xa se disputara en 1875. O Munster tradicionalmente fornecía ao seu equipo con xogadores de clubs da cidade de Limerick, onde o rugby é moi popular e xogado a todos os niveis. O lema do equipo é "To the brave and faithful, nothing is impossible" (do inglés: Para os valentes e os leais, nada é imposíbel), o cal provén do lema do clan Mac Cárthaigh "Forti et Fideli nihil difficile".
Antes da creación das dúas competicións profesionais nas que compite actualmente, o equipo provincial de Munster xa existía. Foi fundado como equipo representativo da provincia en 1879, e nos anos dos equipos afeccionados competía coas outras 3 provincias irlandesas polo campionato anual Inter-Provincial Championship, que Munster gañou en 22 ocasións. Munster tense enfrontado á maioría das seleccións internacionais que visitaban Irlanda nas súas xiras, comezando polo encontro fronte Australia en 1947. Munster acadou un empate cos Wallabies en 1958, pero acadou 4 vitorias en 1967, 1981, 1992 e 2010. Fronte a Nova Zelandia, Munster empatou en 1973, pero conseguiu a vitoria en 1978.
O principal terreo de xogo no que disputa os seus encontros Munster Rugby como local é o estadio Thomond Park de Limerick, recentemente reformado para acoller 26.500 seareiros. Munster tamén xoga algúns encontros no Musgrave Park de Cork, no que collen 9.251 persoas.
Os seguintes son os xogadores de Munster para o Pro14 de 2019−20.[2]
Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions.
Os seguintes son xogadores destacados de Leinster que foron internacionais con seleccións diferentes á irlandesa.
Os seguintes xogadores, disputaron máis 200 encontros con Munster.
Xogador | Xogos | Anos |
---|---|---|
Donncha O'Callaghan | 268 | 1998–2015 |
Ronan O'Gara | 240 | 1997–2013 |
Peter Stringer | 232 | 1998–2013 |
Marcus Horan | 225 | 1999–2013 |
Billy Holland | 219 | 2007–presente |
John Hayes | 217 | 1998–2011 |
Alan Quinlan | 212 | 1996–2011 |
Mick O'Driscoll | 207 | 1998–2003, 2005–2012 |
David Wallace | 203 | 1997–2012 |
Anthony Foley | 201 | 1994–2008 |
Os seguintes son os adestradores de Munster desde o inicio da era profesional.
Celtic Cup
Irish Inter-Provincial Championship
Setanta Challenge Cup
British and Irish Cup
A seguinte é unha lista dos resultados de Leinster contra combinados nacionais e rexionais. Nos resultados, os puntos de Leinster aparecen sempre primeiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.