![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/82/Watching_World_Cup_final_in_Johannesburg_2010-07-11_1.jpg/640px-Watching_World_Cup_final_in_Johannesburg_2010-07-11_1.jpg&w=640&q=50)
Mundial de Fútbol de 2010 - Final
From Wikipedia, the free encyclopedia
A final do Mundial de Fútbol de Suráfrica 2010 foi un partido de fútbol disputado o 11 de xullo de 2010 no Estadio Soccer City de Xohanesburgo que determinou o campión do mundo de fútbol do mundial de 2010. Xogouse entre as seleccións dos Países Baixos e España, resultando vencedora esta última por 0-1, cun gol de Andrés Iniesta a catro minutos do final da prórroga. O partido destacou polo seu infrecuente número de cartóns amarelos, a meirande parte producidos polos neerlandeses, que foron criticados polos seu xogo sucio.[1]
![]() | |||||||
Evento | Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Data | 11 de xullo de 2010 | ||||||
Estadio | ![]() | ||||||
Asistencia | 84.490 espectadores | ||||||
Árbitro | ![]() | ||||||
Destacado | ![]() |
Ambos equipos participantes, Países Baixos e España, competían por acadar o seu primeiro título de campión do mundo, xa que a selección neerlandesa xogara anteriormente sen éxito as finais de 1974 e 1978 e a española nunca conseguira chegar a unha, sendo o seu mellor posto até ese intre o cuarto acadado no mundial de Brasil 1950 the Netherlands and Spain were attempting to win their first FIFA World Cup. Esta final foi a segunda consecutiva que enfrontaba a equipos europeos e a primeira vez que un equipo dese continente a gañaba fóra do mesmo.