From Wikipedia, the free encyclopedia
O Soccer City, chamado por motivos publicitarios FNB Stadium (First National Bank), é un estadio de fútbol localizado en Xohanesburgo, Suráfrica, que foi sede de partidos da Copa Mundial de Fútbol de 2010, entre os cales estiveron o partido inaugural e a gran final entre os Países Baixos e España.[1]
Soccer City | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 26°14′05″S 27°58′57″L |
Localización | Xohanesburgo, Suráfrica |
Construción | |
Inauguración | 1989 |
Renovación | 2009 |
Arquitecto | Boogertman & Partners |
Custo | $440 millóns |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 94.700 |
Propietario | Stadia and Soccer Development Trust |
Operadora | Associação de Futebol da África do Sul |
Localía | Selección de Suráfrica |
Web | https://www.joburg.org.za/play_/Pages/Sports/FNB-StadiumSoccer-city.aspx |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi construído en 1987, e dispuña de 78.000 espectadores. Foi parcialmente demolido para o mundial de 2010, e a súa capacidade ampliada a 94.700 espectadores sentados, o que o converte no estadio máis grande de África. A maioría dos grandes acontecementos futbolísticos de Suráfrica desenvólvense no FNB, xa que se adapta mellor a estes eventos que o próximo Ellis Park, onde se disputou a final da Copa do Mundo de Rugby de 1995. Soweto e o Centro Nacional de Exposicións en Nasrec están nas súas proximidades. Unha vez remodelado, volveu ser sede de partidos internacionais da selección de fútbol de Suráfrica, disputando o primeiro deles contra Colombia, o 27 de maio de 2010.
No Soccer City xogouse a final da Copa Africana de Nacións 1996, na que Suráfrica quedou campioa. Tamén foi escenario do primeiro discurso multitudinario de Nelson Mandela, tras a súa liberación en 1990. En 1993 celebráronse no estadio os funerais por Chris Hani, o líder do Partido Comunista de Suráfrica. Foi tamén o escenario para o funeral de Nelson Mandela o 10 de decembro de 2013, cinco días despois do seu falecemento.
Soccer City albergará o 11 de xuño de 2010 o partido inaugural do campionato, entre a elección do país anfitrión e a selección de México, e despois catro da primeira rolda, un de oitavos de final, outro de cuartos de final e a gran final. O estadio someteuse a unha importante renovación para o torneo, cun novo deseño inspirado na cerámica tradicional africana. O nivel superior estenderase en todo o estadio para aumentar a capacidade a 94.700 espectadores, con 99 suites executivas. Inclúe a construción dunha cuberta elíptica, novas instalacións de vestiarios e nova iluminación. As obras foron adxudicadas ao consorcio Grinaker-LTA, e comezaron en febreiro de 2007. En xullo de 2009, o estadio estaba practicamente completado, faltando só por plantar o céspede,[2] culminando as obras en decembro de 2009.
Soccer City albergou durante o campionato oito encontros (incluíndo o partido inaugural e a final): cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final, un de cuartos e a final. Os partidos foron os seguintes:[1]
Data | Fase | Equipo | Resultado | Equipo | Espectadores | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
11 de xuño | Primeira rolda | Suráfrica | México | ||||
14 de xuño | Primeira rolda | Países Baixos | Dinamarca | ||||
17 de xuño | Primeira rolda | Arxentina | Corea do Sur | ||||
20 de xuño | Primeira rolda | Brasil | Costa do Marfil | ||||
23 de xuño | Primeira rolda | Ghana | Alemaña | ||||
27 de xuño | Oitavos de final | Arxentina | México | ||||
3 de xullo | Cuartos de final | Uruguai | Ghana | ||||
11 de xullo | Final | Países Baixos | España |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.