From Wikipedia, the free encyclopedia
A Terra, como todo corpo celeste, está suxeita a movementos varios. Os principais son os de rotación, translación, precesión e nutación.
A Terra efectúao ó xirar sobre si mesma ó longo dun eixo ideal chamado eixo terrestre, que pasa polos seus polos. Unha volta completa, tomando como referencia as estrelas, dura 23 horas, 56 minutos e 4 segundos (o chamado día sideral). Se se toma como referencia o Sol, un meridiano pasa fronte a el cada 24 horas por termo medio (día solar, o tomado oficialmente). Os 3 minutos e 56 segundos de diferenza débense a que nese prazo de tempo a Terra se moveu na órbita e por iso ten que xirar algo máis que un día sideral para completar un día solar.
A primeira referencia tomada para medir o tempo foi o Sol, pois dado o seu movemento aparente (movemento relativo á Terra), con orixe na rotación terrestre, determina día e noite, dando a impresión que o ceo xira arredor noso. Coloquialmente, día designa o día solar.
Como pode observarse, o eixo terrestre forma un ángulo de case 23,5º respecto á normal da eclíptica, o que se coñece como oblicuidade da eclíptica. Esta inclinación produce meses de luz e meses de escuridade nos polos xeográficos, sendo causa das estacións do ano, ó cambiar dunha a outra época o ángulo de incidencia da radiación solar, e a duración que unha determinada situación sobre a Terra está iluminada.
Movemento polo que a Terra se move arredor do Sol. A causa é a gravidade, orixinando cambios que permiten a medición do tempo. Tomando como referencia o Sol, resulta o que se chama ano tropical, intervalo necesario para que se repitan as estacións do ano. Dura 365 días, 5 horas e 47 minutos.
O movemento describe unha traxectoria elíptica de 930 millóns de quilómetros de lonxitude, a unha distancia media do Sol de case 150 millóns de quilómetros (1 U.A., Unidade Astronómica: 149.675.000 km). Así dedúcese que a Terra se move respecto do Sol cunha velocidade media de 106.200 km/h (29,5 km/s). O Sol ocupa un dos focos da elipse e, debido á excentricidade da órbita, a distancia Sol-Terra varía ó longo do ano. A comezos de xaneiro a Terra está máis próxima ó Sol, producíndose o perihelio, onde a distancia é de 147,5 millóns de km,[1] mentres a comezos de xullo acádase a máxima distancia, momento chamado afelio, 152,6 millóns de km.
O movemento de precesión dos equinoccios, débese á precesión da Terra causado polo momento de forza Terra-Sol debido á inclinación do eixo de rotación terrestre con respecto ó Sol (arredor de 23,43°).
A inclinación do eixo terrestre varía cunha frecuencia variable, pois depende (entre outras causas) dos movementos telúricos. Así, en febreiro de 2010 rexistrouse unha variación do eixo terrestre de 8 centímetros aproximadamente, por causa do terremoto de 8,8° Richter que afectou a Chile. O maremoto e tsunami posterior que afectou ó sueste asiático no 2004 desviou 17,8 centímetros o eixo terrestre.[2]
Debido ó anterior, a duración dunha volta completa de precesión nunca é exacta; aínda así, estímase nun rango aproximado entre 25.700 e 25.900 anos, o ano platónico.
A precesión é en realidade máis complexa, ó ter que considerar un movemento máis, a nutación. Isto pasa con calquera corpo simétrico ou esferoide xirando sobre o seu eixo (sirva de exemplo unha buxaina, que ten precesión debido ó movemento de caída). No caso da buxaina, como consecuencia do movemento de caída, o pincho apóiase no chan aplicando máis forza, aumentando a forza de reacción vertical, que chegará a ser maior que o peso. O suceder o anterior, o centro de masa da buxaina comeza a acelerar cara a arriba e volve repetirse o proceso, tendo unha precesión acompañada dunha oscilación do eixo de rotación abaixo e arriba, que recibe o nome de nutación.
Para a Terra, a nutación é a oscilación periódica do polo terrestre arredor da súa posición media en relación á esfera celeste, debido ás forzas externas de atracción gravitatoria entre Lúa e Sol coa Terra. Esta oscilación é semellante ó movemento da buxaina cando está a punto de caerse.[3]
A Terra desprázase uns nove segundos de arco cada 18,6 anos, o que supón que nunha volta completa de precesión a Terra realiza 1.385 bucles.
É unha pequena oscilación do eixo de rotación da Terra que engade 0,7 segundos de arco nun período de 433 días á precesión dos equinoccios. Foi descuberto polo astrónomo norteamericano Seth Carlo Chandler no 1891, descoñecéndose aínda as causas[4].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.