policía autonómica de Cataluña, España From Wikipedia, the free encyclopedia
A Policia de la Generalitat de Catalunya - Mossos d'Esquadra, coñecida simplemente como Mossos d'Esquadra, é a forza de policía da Generalitat de Cataluña, refundada, como corpo de policía propio mediante a Lei 19/1983, de 14 de xullo de 1983, aprobada polo Parlament de Catalunya. Fundada en 1719, é a forza de policía civil máis antiga de Europa.
Mossos d'Esquadra | |
---|---|
Tipo | Policía autonómica |
Área de operación | Cataluña |
Data de fundación | 21 de abril de 1719 e 23 de xaneiro de 1952 |
Director/a | Josep Lluís Trapero |
Nº de empregados | 17.889 (2021) |
Organización matriz | Departamento de Interior da Generalitat de Cataluña |
Premios | Medalla de Honra do Parlamento de Cataluña |
Sede | Complex Central Egara |
País | España |
Na rede | |
https://mossos.gencat.cat/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Como policía integral ocúpase das funcións de seguridade cidadá, policía administrativa, policía xudicial, intervención e policía de proximidade, todas elas competencias da Generalitat.
En 1719 establéronse as primeiras escuadras de campesiños armados (Esquadres de Paisans Armats) para manteren a orde e a seguridade nas localidades e vixiaren os camiños cando o exército non podía facelo por estar mobilizado e ao longo dos anos, pasou por diversas vicisitudes, nalgunhas épocas baixo o control militar español, e outras nas que o corpo deixou de operar (1868-1874 e 1939-1950) ou como no período entre 1950-1983 quedou reducido a un corpo simbólico que só tiña como misión a vixilancia dalgunhas dependencias da Deputación de Barcelona pero dende 1983 cun novo estatuto xurídico pasa a se converter na policía autonómica de Cataluña so as directrices da Generalitat de Cataluña.
En 1994 comezou un proceso de substitución das forzas de seguridade do Estado nas funcións de orde pública e seguridade cidadá, quedando a Garda Civil e a Policía Nacional dedicadas a combateren o terrorismo, a inmigración ilegal e algunhas outras funcións que son da súa exclusiva competencia. Este proceso de substitución culminou no 2008.
Dende o 1 de novembro do 2005, os Mossos d'Esquadra teñen a plena competencia na cidade de Barcelona e desde 2008 en toda Cataluña.
Dende outubro de 2017, o major, máximo rango do corpo, é Ferran López i Cisneros.
A lei 10/1994 do Parlamento de Cataluña pon o mando supremo do corpo en mans do President da Generalitat, e establece o seu exercicio práctico en mans do Conseller d'Interior. Pertencen a este departamento os corpos profesionais da seguridade catalá: Protección Civil, os Bombeiros da Generalitat e os Mossos d'Esquadra.
O mando directo do corpo teno a persoa titular da Dirección Xeral da Policía (Direcció General de la Policia). É a responsable tanto do aparato policial propiamente dito como tamén de todo o aparato administrativo de xestión. Esta persoa non acostumbra a ser un cargo policial senón político. Dirixe a policía en Cataluña e encárgase de ditar as instrucións e circulares pertinentes entre outras funcións. Dende xullo de 2017 o seu Director Xeral é Pere Soler i Campins.
O cargo policial máis alto do corpo de Mossos d'Esquadra é a Subdirección Operativa da Policía (Subdirecció Operativa de la Policia), ocupada polo polícia de maior rango do corpo: o major, ostentado actualmente por Ferran López i Cisneros. Do Subdirector Operativo dependen tres das catro grandes comisarías xerais que ten o corpo, todas elas comandadas por un policía con rango de comisario:
A cuarta comisaría do corpo é a Comisaría Xeral de Planificación e Organización (Comissaria General de Planificació i Organització, CGPO), que se encarga de avaliar o corpo e asesorar a Dirección Xeral da Policía, da que depende directamente.
O complexo organigrama dos Mossos d'Esquadra distribúe a tarefa policial dos máis de 16.000 mossos en 19 grandes ámbitos do mesmo rango que reciben o nome de Rexións Policiais ou Divisións. Estes 19 ámbitos poden depender de diferentes organismos policiais e poden ser liderados tanto por comisarios como por intendentes do corpo.
As divisións (divisions) son os organismos centrais do corpo que engloban varias áreas policiais e teñen tarefas moi específicas. Son dez:
As rexións policiais (regions policials) son os organismos que se encargan de garantir a seguridade cidadá do territorio que teñen adxudicado. Todas dependen organicamente da Comisaría Xeral Territorial. Hai nove rexións policiais, que abranguen toda a xeografía catalá:
Podemos diferenciar a escala policial dos mossos entre os que teñen funcións directivas (escalas superior e executiva) e os que teñen funcións prácticas operativas (intermedia e básica). Os rangos compóñense da seguinte maneira:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.