Sant Adrià de Besòs

From Wikipedia, the free encyclopedia

Sant Adrià de Besòsmap
Remove ads

Sant Adrià de Besòs é unha cidade e concello catalán da área urbana de Barcelona. Está situada na desembocadura do río Besòs, entre Barcelona e Badalona. Pertence á comarca do Barcelonès.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads
Thumb
Vista do río Besòs, ao seu paso por Sant Adrià
Remove ads

Historia

A orixe da poboación remóntase a 1012 ao formarse a vila en torno á igrexa parroquial, na beira esquerda do río Besòs. Na súa orixe era unha poboación principalmente agrícola.

Ao ser unha poboación próxima ao río Besòs sufría as chamadas "besosadas" (aumentos do caudal do río) que destruían a poboación por inundacións. Tamén ao atoparse no camiño por onde se atravesaba o río para chegar á cidade de Barcelona supúxolle problemas. As tropas inimigas que pasaban por alá dirixíndose á cidade destruían o pobo ao seu paso, como ocorreu os anos 1114 debido aos musulmáns e 1697 aos franceses.

Na revolución industrial empezáronse a implantar as industrias crecendo os habitantes da poboación e ao principio do século XX obtivo un novo pulo grazas ás súas dúas centrais térmicas: Enerxía Eléctrica de Cataluña (posteriormente FECSA) e Compañía de Fluído Eléctrico (popularmente coñecida como La Catalana).

En 1938, durante a guerra civil Española, foi bombardeada xa que era punto de interese militar polas súas centrais térmicas así como as súas fábricas. En 2007 rehabilitouse como museo un dos refuxios antiaéreos utilizado pola cidadanía.

A día de hoxe ten empresas do sector de servizos, industrias e as centrais térmicas situadas a cada lado do río. Das centrais térmicas a máis famosa posúe tres chemineas de 200 m que producen alto nivel de contaminación, tanto ambiental como paisaxística.

Actualmente leváronse a cabo diversos proxectos con para mellorar a calidade da auga do río, como a rehabilitación das beiras do río Besòs. Tamén se realizaron cambios importantes grazas á celebración do Fórum 2004 retornando o tranvía á poboación. Ademais o acontecemento serviu para embelecer a zona costeira e crear un porto deportivo moderno, renovando as instalacións das depuradoras da zona. Tamén se atopa en fase de renovación dalgúns barrios así como a creación de novas zonas de vivendas.

Barrio de La Mina

O barrio de La Mina foi construído polo Instituto Municipal da Vivenda no ano 1969, para a erradicación de diferentes núcleos de barracas de Barcelona. (Camp de la Bota, Pequín, la Perona, el Somorrostro, Can Tunisia e Montjuic). En 1975, la Mina tiña xa máis de 15.000 habitantes e 2.029 vivendas.

O barrio de La Mina sitúase no termo municipal de Sant Adrià de Besòs, pero unido fisicamente coa cidade de Barcelona (máis cerca que o centro de Sant Adrià, do cal sepáralle o río Besòs e a Ronda del Litoral). Actualmente a área residencial de La Mina está formada por vinte bloques de entre 5 e 12 pisos. O número total de vivendas é de 2.721, e o de locais de 181.

La Mina conta coa metade da poboación total de Sant Adrià, e xunto ao barrio de La Catalana ocupa o 60 % do termo do municipio.

Remove ads

Demografía

Evolución demográfica
1900193019501970198120002009
4186.51510.22724.45236.05232.45234.327

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads