matemático alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Moritz Pasch, nado en Breslau (Prusia) o 8 de novembro de 1843, e finado en Bad Homburg o 20 de setembro de 1930, foi un matemático alemán de orixe xudía especializado en xeometría, o primeiro en describila de forma puramente axiomática.
Pasch empezou estudando química na Universidade de Breslavia, pero pronto se cambiou ás matemáticas a suxestión do seu profesor, Heinrich Schröter, quen finalmente dirixiu a súa tese de doutoramento (1865).[1] Despois dun tempo en Berlín, onde estudou con Karl Weierstrass e Leopold Kronecker, conseguiu a súa habilitación docente na Universidade de Giessen en 1870.
Toda a súa carreira académica (1870-1911)[2] desenvolveuse nesta universidade,[3] sendo un profesor extraordinario desde 1873, profesor titular a partir de 1875 e catedrático desde 1888, en substitución do falecido Heinrich Baltzer. Tamén foi decano da facultade en 1883 e reitor da universidade en 1893-94.
En 1911 retirouse da docencia, pero continuou unha activa investigación. Morreu durante unha viaxe de vacacións.
A Pasch débeselle a primeira axiomatización moderna da xeometría.[4] No seu libro Vorlesungen über die neuere Geometrie (Leccións sobre xeometría moderna) (1882, 2.ª ed. 1926), baseado nas clases que estivera dando desde 1873,[5] declarou a súa intención de establecer explicitamente todos os conceptos e proposicións básicas da xeometría proxectiva (axiomas), derivando deles todos os resultados da disciplina de forma estritamente lóxica[6][7] e insistindo na idea de que o conxunto de axiomas ten que ser completo.[8] Neste aspecto é o antecedente máis directo da axiomatización (hoxe considerada canónica) feita por David Hilbert uns anos máis tarde (1899).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.