From Wikipedia, the free encyclopedia
O morcego de Bechestein (Myotis bechsteinii) é unha especie de morcego pertencente á familia Vespertilionidae.
Morcego de Bechestein | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Myotis bechsteinii' Kuhl, 1817 | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Tamaño mediano (O: 23,0-26,0 mm;Ps: 7,0-14,0 g.). Orellas anchas e longas, maiores ca noutros Myotis, separadas na base ao contrario que en Plecotus, con nove pregues transversais no bordo externo e grolo longo en forma de lanceta.
Pelame longo, dorso pardo escuro e ventre gris claro. Crías de cor gris claro. Esporón recto de lonxitude 1/3-1/2 do uropatagio. Última vértebra caudal libre. Plagiopatagio comeza na base dos dedos. Fórmula dentaria: (2.1.3.3/3.1.3.3.)
Pode atoparse nos seguintes países: Austria, Armenia, Belarús, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Francia, Xeorxia, Alemaña, Hungría, Irán, Italia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Moldova, Montenegro, Países Baixos, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Suíza, Turquía, Ucraína, e o Reino Unido.
Os morcegos rateiros forestais habitan en bosques axeitados para o seu desenvolvemento, os cales deben comprender polo menos vinte e cinco hectáreas. Moi poucas ocasións poden ser vistos fóra destes bosques.
A distribución no Reino Unido deste morcego foi analizada pola Rede de Biodiversidade Nacional.[2]
Frecuentemente aniñan en troncos ocos ou en buracos producidos polos paxaros carpinteiros, en carballos e en freixos, os cales parecen ser os máis comúns.
Este animal está protexido baixo a Directiva de Hábitats de Europa. No Reino Unido a súa rareza provocou que os bosques que albergan á especie fosen considerados para pasar a ser sitios de interese científico especial e poderían obter unha bolsa de parte de Natural England para garantir a protección.
As frecuencias empregadas por esta especie de morcegos varían entre 35–108 kHz. As súas chamadas ecolocalizadoras acadan o seu máximo de enerxía en 61 kHz e teñen unha duración media de 3,3 ms.[3][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.