Moraña
concello da comarca de Caldas, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca de Caldas, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Moraña é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.362 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «morañés».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | Santa Lucía de Moraña | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.126 (2023) (99,42 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 41,5 km² | ||||
Altitude | 320 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Luís Gómez Fontenla (2023–) | ||||
Eleccións municipais en Moraña | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36660 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36032 | ||||
Páxina web | morana.org… |
Ten unha superficie de 41 km², repartidos entre 9 parroquias. Atópase situado na zona intermedia entre a chaira litoral e as terras altas da provincia.
Censo total 2014 | 4.362 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 588 (13.48 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.732 (62.63 %) |
Maiores de 65 anos | 1.042 (23.89 %) |
Evolución da poboación de Moraña Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.975 | 4.421 | 4.810 | 4.698 | 4.281 | ||||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Entre o seu patrimonio destaca a Lapa de Gargantáns, elemento central do escudo municipal. Trátase dun menhir situado na parroquia de Gargantáns e datado no Neolítico, de 192 cm de altura e 50 de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpenteantes. É o motivo principal do escudo do concello de Moraña.
En Moraña cren que cando a agonía se prolonga moito é porque o moribundo ten unha débeda pendente con alguén. Sábese porque cando chega esta persoa ó seu carón prodúcese a morte ó pouco tempo, o que se explica como se estivese esperando por el para que o perdoase antes de morrer [1].
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Moraña vexa: Lugares de Moraña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.