Monty Python's Flying Circus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Monty Python’s Flying Circus foi unha serie de humor británica creada polo grupo de cómicos Monty Python e transmitida pola BBC entre 1969 e 1974. O programa caracterizábase polo seu humor absurdo e insinuante, sen unha liña continua de principio, medio e fin. Tamén formaba parte da serie a inserción de animación elaboradas polo seu membro Terry Gilliam, habitualmente ligada, ou integrada, con acción real. O primeiro episodio gravouse o 7 de setembro e transmitiuse o 5 de outubro de 1969 na BBC One, sendo realizados 45 episodios ao longo do período que estivo en transmisión, máis dous episodios para a televisión alemá.
![]() | |
![]() Detalle do pé de Cupido empregado habitualmente na serie | |
Formato | Comedia de sketches surrealistas |
---|---|
Creado por | Graham Chapman John Cleese Eric Idle Terry Jones Michael Palin Terry Gilliam |
Dirixido por | Ian MacNaughton John Howard Davies |
Intérpretes | Graham Chapman John Cleese Eric Idle Terry Jones Michael Palin Terry Gilliam Carol Cleveland |
Tema de apertura | "The Liberty Bell" de John Philip Sousa |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | inglés |
Episodios | 45 |
Duración | 25-30 minutos |
Canle de orixe | BBC |
Primeiro episodio | 5 de outubro de 1969 |
Derradeiro episodio | 5 de decembro de 1974 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A serie tiña habitualmente como tema central as idiosincrasias da vida británica, en particular a dos profesionais, con gran carga política. Os membros dos Monty Python tiñan educación superior. Terry Jones e Michael Palin eran licenciados pola Universidade de Oxford; Eric Idle, John Cleese e Graham Chapman estudaron na Universidade de Cambridge; e Gilliam era licenciado polo Occidental College. O seu tipo de comedia é frecuentemente descrito como intelectual, con numerosas referencias eruditas a filósofos e figuras literarias. A serie buscou a influencia no traballo de Spike Milligan no seu programa Q5, en vez de na comedia tradicional. O equipo pretendía que o seu humor fose imposíbel de caracterizar, o que conseguiron (a pesar de fallaren, segundo a súa perspectiva) de tal xeito que se inventou o adxectivo "Pythonesque" para definir o seu humor e, posteriormente estilos similares.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/83/Angelo_Bronzino_-_Venus%2C_Cupid%2C_Folly_and_Time_-_National_Gallery%2C_London.jpg/640px-Angelo_Bronzino_-_Venus%2C_Cupid%2C_Folly_and_Time_-_National_Gallery%2C_London.jpg)
Os Python interpretaban todas as personaxes incluídas a maioría das femininas, mais, ocasionalmente, contrataban algún actor extra. Destes, salientaron Carol Cleveland (referida polo equipo como "o sétimo Python" de forma non oficial), Connie Booth (primeira esposa de Cleese), o produtor da serie Ian MacNaughton, Ian Davidson, Neil Innes (na cuarta temporada) e Fred Tomlinson e os Fred Tomlinson Singers (para escenas musicais).[1][2]
O tema musical principal da serie foi a primeira parte de The Liberty Bell do compositor norteamericano John Philip Sousa, interpretado pola Band of the Grenadier Guards, que foi escollida porque estaba no dominio público e polo tanto non tiña custo pola súa utilización.