Compañía da radio e da televisión pública británicas From Wikipedia, the free encyclopedia
A British Broadcasting Corporation (en galego, Corporación Británica de Radiodifusión), máis coñecida como BBC, é a primeira empresa de televisión e radio do Reino Unido. Tamén é a corporación de radiodifusión máis grande do mundo[1]. Produce servizos de programas e información, transmitindo na televisión, na radio, e en Internet; sendo unha das cadeas de noticias máis respectadas do mundo. É independente de controis comerciais e políticos operando baixo un estatuto real que garante dita independencia. A BBC é ademais un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión, fundada no 1952 en Torquay, Reino Unido.
British Broadcasting Corporation | |
---|---|
Acrónimo | BBC |
Tipo | negocio, radiodifusora pública e organización |
Ideoloxía | imparcialidade |
Data de fundación | 1922, 18 de outubro de 1922 e 1 de xaneiro de 1927 |
Fundador(es) | John Reith e George Villiers, 6th Earl of Clarendon |
Director/a | Frederick Ogilvie, Cecil Graves, Robert W. Foot, William Haley, Ian Jacob, Hugh Greene, Charles Curran, Ian Trethowan, Alasdair Milne, Michael Checkland, Baron Birt John Birt, Greg Dyke, Mark Byford, Mark Thompson, George Entwistle, Tim Davie, Tony Hall, Baron Hall of Birkenhead, Tim Davie e John Reith |
Nº de empregados | 22.219 (2021) |
Organización subsidiaria | BBC Worldwide, BBC Studioworks, BBC Film, BBC Studios e German Service |
Premios | Prêmio Emmy Internacional de melhor série dramática, Satellite Award for Best Television Film, Satellite Award for Best Miniseries, Satellite Award for Best Miniseries, Satellite Award for Best Miniseries, Satellite Award for Best Miniseries, Satellite Award for Best Miniseries, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premio de xornalismo Antonio Asensio, Premios Peabody, Satellite Award for Best Television Film, Satellite Award for Best Miniseries, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Satellite Award for Best Miniseries, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Satellite Award for Best Miniseries, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, carta régia, Membro-Honorário da Ordem do Mérito e Anel Leibniz Hannover |
Sede | Londres e Broadcasting House |
País | Reino Unido |
Na rede | |
https://bbc.com, https://bbc.co.uk e https://www.bbcweb3hytmzhn5d532owbu6oqadra5z3ar726vq5kgwwn6aucdccrad.onion | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi fundada no 18 de outubro do 1922 co nome de British Broadcasting Company [2]. Ao primeiro estaba dedicada aos servizos de radio, até que o 2 de novembro do 1936 comezou tamén a transmitir programas de televisión de forma regular. A BBC comezou as súas transmisións fóra do Reino Unido en decembro do 1932, co obxectivo de xuntar as persoas de fala inglesa que vivían no que, daquela, era o Imperio Británico. O rei Xurxo V transmitiu a primeira mensaxe de Nadal por radio na que se dirixiu a os homes e mulleres que están tan illados pola neve e polos desertos, que só poden alcanzar as voces polo aire.
A compañía, con John Reith como director xeral, pasou a chamarse British Broadcasting Corporation en 1927 cando foi concedida unha carta real e deixou de ser privada. Empezou a emitir televisión de forma experimental no 1932, converténdose nun servizo regular (coñecido coma o servizo da televisión da BBC) en 1936. A difusión de televisión foi suspendida desde o 1 de setembro do 1939 até o 7 de xuño do 1946, durante a segunda guerra mundial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.