montaña de Galiza, España From Wikipedia, the free encyclopedia
O monte do Seixo ou O Seixo ou Cabeza do Seixo é un pico de 1706 metros de altitude [2] situado no concello de Chandrexa de Queixa. Punto de intersección entre os Montes do Invernadeiro e a Serra da Queixa. Parte da súa aba sur está integrada no Parque Natural dos Montes do Invernadeiro declarado como tal en 1995 e de acceso restrinxido. Como parte do Macizo Central ourensán, fica todo el integrado na zona especial de conservación da Rede Natura 2000. A parte máis alta está fóra do parque natural, non así do ZEC.
Monte do Seixo (O Seixo) | |
---|---|
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Macizo Galaico |
Serra | Serra da Queixa no Macizo Central ourensán |
Latitude | 42°11'39.32" N [1] |
Lonxitude | 7°21'27.65" O [1] |
Localización administrativa | |
Localización | Galiza |
Características xerais | |
Altitude | 1.706 [2] m |
Prominencia | 133 m ↓ sobre As Touzas do Negredo (1,6km dirección ENE) [3] |
Cume veciño máis alto | Altos das Malladas (1.745 msnm) [3] |
Illamento topográfico | 33,3 km dirección ENE [3] |
Rico en cuarcitas (composición que probablemente é o que lle dá o seu nome), preside o val do río Ribeira Grande que discorre atravesando o circo glaciar de Guasenza ou Figueiro. Aínda quedan restos de pasteiros naturais subalpinos e se poden atopar nardos e narcisos. Nos seus baixos cara ao sur gabea un dos bosques máis antigos de Galicia con capudres, salgueiros, bidueiros, acivros, carballos e outras especies. Abeira comunidades faunísticas ben estruturadas propias da área eurosiberiana dende o lobo a aguia real pasando pola pardela, os corzos e os reintroducidos cervos. O invernos son moi fríos e a neve enfeita o seu cume ata ben entrado o mes de maio.
Existe unha ruta a pé que vai dende este pico ata a Cabeza de Manzaneda.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.