Monte da Guía
monte en Teis (Vigo) From Wikipedia, the free encyclopedia
monte en Teis (Vigo) From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
O monte da Guía é unha elevación situada no lugar da Guía, na parroquia viguesa de Teis, a carón da ría de Vigo.[1]
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Vigo, España | |||
Localización | Teis | |||
| ||||
Acada 128 metros de altitude. É un dos parques maiores da cidade. Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, as illas Cíes, a cara sur da península do Morrazo e a ponte de Rande.
O monte da Guía está conectado co centro da cidade mediante o autobús urbano (liña 17).[2]
Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.[1]
Está coroada por unha pequena ermida erixida na honra da Nosa Señora da Guía e do Sagrado Corazón de Xesús[3], obra do arquitecto Manuel Gómez Román.[1]
Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo relevancia na segunda guerra mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.
Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada.[2] Conta cunha carballeira e distintas especies ornamentais de interese, entre as que ademais dos carballos, destacan os piñeiros.