Monte Whitney
cima máis elevada dos Estados Unidos contiguos From Wikipedia, the free encyclopedia
cima máis elevada dos Estados Unidos contiguos From Wikipedia, the free encyclopedia
O monte Whitney é a cima máis elevada dos Estados Unidos contiguos, cunha altitude de 4421 metros. Está situado nos límites dos condados californianos de Inyo e Tulare.[1] A ladeira oeste da montaña remata no Parque Nacional Sequoia.
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Josiah Whitney (pt) | |||
Parte de | Sierra Peaks Section Peaks List (en) Vagmarken Club Sierra Crest List (en) | |||
Localizado na área protexida | Parque Nacional da Sequoia (pt) , John Muir Wilderness (en) , Sequoia-Kings Canyon Wilderness (en) e Floresta Nacional Inyo (pt) | |||
Localización | ||||
Continente | América do Norte | |||
División administrativa | Condado de Tulare, Estados Unidos de América (pt) e Condado de Inyo, Estados Unidos de América (pt) | |||
| ||||
Cordilleira | Serra Nevada | |||
Características | ||||
Altitude | 4.421 m | |||
Prominencia topográfica | 3.073 m | |||
Illamento topográfico | 2.651 km | |||
Material usado | granito | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Cretáceo | |||
Cronoloxía | ||||
18 de agosto de 1873 | primeira ascensión, ⇒ Charles Dorance Begole (en) , Albert Hubbard Johnson (en) , John Lucas (en) | |||
10 de xaneiro de 1929 | Ascensão invernal (pt) , ⇒ Orland Bartholomew (en) | |||
A montaña recibiu o seu nome de Josiah Whitney, xefe do departamento de xeoloxía de California.[2] A primeira ascensión realizárona Charles Begole, A. H. Johnson e John Lucas en 1873.[2]
O monte Whitney está situado uns 135 quilómetros ao oeste do punto máis baixo de Norteamérica, a Conca Badwater (86 metros por baixo do nivel do mar) no parque nacional do Val da Morte.[3]
A cima do monte Whitney está preto de moitos dos picos máis altos da Serra Nevada. Este cumio elévase drasticamente 3285 metros por riba da localidade de Lone Pine situado no val Owens, a uns 24 quilómetros ao leste.[4] A montaña levántase máis levemente no lado oeste, só chegando a 910 metros por riba do carreiro John Muir para atravesar o lago Guitar.[5]
A montaña elévase en forma de cúpula e algo máis chá por unha banda, con cristas dentadas doutra.[6] O monte Whitney atópase por riba do límite do bosque e ten un clima alpino. Hai moi poucas plantas que medren preto da cima. Os únicos animais son transitorios, como a bolboreta apolo (Parnassius phoebus) e o pimpín rosado de coroa gris.[7]
A ruta máis popular para chegar á cima é a través do carreiro Mount Whitney (Mount Whitney Trail) que comeza en Whitney Portal a unha altitude de 2250 metros e unha distancia de 21 quilómetros ao oeste da localidade de Lone Pine. A camiñada é duns 34 quilómetros de ida e volta, cun desnivel positivo de máis de 1900 metros, que pode levar de dous a tres días. Precísanse permisos todo o ano, mais dispoñibles en cantidades limitadas para evitar o uso excesivo dende o primeiro de maio ata o primeiro de novembro. O Servizo Forestal dos Estados Unidos (USFS) pon en marcha un sorteo anual para os permisos emitidos en números limitados dende o primeiro de febreiro ata o 15 de marzo. O carreiro John Muir (John Muir Trial) proporciona unha ruta máis longa no Whitney, chegando á beira oeste da montaña e conectando co carreiro Mount Whitney preto da cima.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.