![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2c/Bandera_de_Montalb%25C3%25A1n_de_C%25C3%25B3rdoba.svg/langgl-640px-Bandera_de_Montalb%25C3%25A1n_de_C%25C3%25B3rdoba.svg.png&w=640&q=50)
Montalbán de Córdoba
From Wikipedia, the free encyclopedia
Montalbán de Córdoba é un municipio español situado no suroeste da provincia de Córdoba, na comunidade autónoma de Andalucía. O municipio atópase na comarca da Campiña Sur Cordobesa[1] e pertence ao partido xudicial de Montilla.[2] As súas coordenadas xeográficas son 37º 35' N, 4º 45' O.[3] Atópase a unha altitude de 273 msnm[4] e a uns 42 km da capital de provincia, Córdoba. A extensión do seu termo municipal é de 33,9 km².[4] No ano 2011 tiña 4.586 habitantes e unha densidade de poboación de 136,24 hab/km².[5]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Córdoba ![]() | ||||
Capital | Montalbán de Córdoba ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.465 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 33,66 km² ![]() | ||||
Altitude | 273 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Miguel Ruz Salces (en) ![]() ![]() | ||||
Orzamento | 2.990.000 € (2018) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 14548 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 14040 ![]() | ||||
Páxina web | montalbandecordoba.es ![]() | ||||
![]() |
O nome do municipio deriva do latín MONTEM·ALBANVM,[6] que significa "Monte Branco", evolucionando a Monte Albano, despois a Mont' Alban' e finalmente é Montalbán. Este nome é consecuencia da cor da terra do monte sobre o que se sitúa a localidade, que é de calcaria branca.[6]
Montalbán é moi coñecido polo seu cultivo do allo, sendo o primeiro produtor de allo de Andalucía e aglutinando o 37% da produción de allo da Unión Europea.[7]