grupo taxonómico que contén un só taxon no nivel inmediatamente inferior From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioloxía, un taxon monotípico é un grupo taxonómico (taxon) que contén só un taxon inmediatamente subordinado.[1] O taxon subordinado en cuestión pode conter varios taxons inferiores ou ser tamén monotípico. Aínda que o termo parece indicar que un taxon ten un só espécime tipo (sen sintipos, lectotipos, ou outros tipos) e ningún sinónimo heterotípico/júnior, ese non é o seu significado.
No caso das especies, unha especie monotípica é aquela que non contén subespecies ou grupos menores de taxons infraespecíficos. No caso dos xéneros prefírese ás veces o o termo "uniespecífico".
Na nomenclatura botánica, un xénero monotípico tamén se refire a un caso especial no que se describen simultaneamente un xénero e unha soa especie dese xénero.[2] En Botánica, monotípico úsase máis que monoespecífico co mesmo significado.
Igual que o termo "monotípico" se usa para describir un gran taxon que comprende só unha subdivisión, pódese tamén dicir que o taxon contido é monotípico dentro do taxon grande, por exemplo, un xénero monotípico dentro dunha familia.
Taxons que se consideraban inicialmente monotípicos poden deixar de selo ao seren subdivididos máis adiante conforme se afina a súa clasificación taxonómica ao obtérense novos coñecementos sobre eles, como por exemplo, datos xenéticos.
O seu antónimo é taxon politípico ou politípico.
Algúns exemplos de grupos monotípicos son os seguintes:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.