![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/61/Tachyglossus_aculeatus_side_on.jpg/640px-Tachyglossus_aculeatus_side_on.jpg&w=640&q=50)
Monotremos
orde de mamíferos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os monotremos,[2] ou monotremados,[3] é unha orde de mamíferos, a única da subclase dos prototerios.[4] os únicos con reprodución ovípara. Están moi pouco estendidos, tan só nalgunhas zonas do continente de Oceanía, en Australia, Papúa-Nova Guinea e Tasmania.
Monotremos ou monotremados Monotremata Rango fósil: Xurásico inferior[1] – Holoceno | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Equidna de fociño curto | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Subordes, Familias e Xéneros actuais | |||||||||||||||||||||
|
A orde inclúe as especies actuais de mamíferos máis primitivas, que teñen diversas características reptilianas, como a reprodución ovípara (son os únicos mamíferos que poñen ovos), e a presenza de cloaca, orificio onde conflúen os tractos dixestivo, urinario e reprodutor; o seu nome fai referencia a esta característica e significa "un só orificio". Existen poucas especies de monotremos; entre elas, son ben coñecidos o ornitorrinco e os equidnas.
Inclúense nos mamíferos debido a que as crías son aleitados, por medio dunhas glándulas mamarias parecidas ás sudoríparas, entre outras características propias deste tipo de animais: gran presenza de pelo, sangue quente etc.
Durante moito tempo, os monotremos estiveron clasificados como un grupo de réptiles cubertos de pelo, até que despois de 200 anos identificáronse inequivocamente como mamíferos, pois neles se encontran todas as características que definen a clase:
- A súa pel está cuberta de pelo.
- Producen leite para alimentar ás crías acabadas de nacer, aínda que as glándulas mamarias non se dispoñen en mamas como no resto dos mamíferos, senón que desembocan en dous campos mamarios situados a ambos os lados do abdome, na base dos pelos.
- Presentan tres ósos no oído medio.
- Posúen diafragma.
- O seu corazón está dividido en catro cavidades, aínda que a separación entre a aurícula e o ventrículo dereitos é incompleta.
- Son homeotermos, pero con certas limitaciones, oscilando a súa temperatura entre 28 e 32 gaos Celsius e presentando lixeiras variacións durante o día en función da temperatura ambiental.