![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f9/Stenopus_hispidus.jpg/640px-Stenopus_hispidus.jpg&w=640&q=50)
Bilateral (zooloxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os bilaterais (Bilateria) son os animais con simetría bilateral, na cal o organismo é simétrico respecto a un plano (plano saxital) que divide o corpo en dúas metades idénticas en espello. Polo tanto, estes seres teñen unha parte dianteira e unha traseira (eixe anterior-posterior), así como unha dorsal e outra ventral (eixe dorsal-ventral). Este tipo de simetría é o máis estendido no reino animal.
Bilaterais | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Stenopus hispidus | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Phyla | |||||||
|
Os animais evolutivamente máis primitivos e que teñen un tipo de vida sedentario posúen unha simetría radial en cambio os animais que teñen unha vida activa precisan da simetría bilateral para poder desenvolver as súas actividades. Para os animais radiados un lado do animal é tan importante como calquera outro pero se o individuo é activo precisa estar en busca de alimento, refuxio, lugares de repouso, e compañeiros de reprodución, todo isto require un conxunto de estratexias e dunha organización nova do corpo cunha forma alongada, con cabeza (anterior) e rematando nunha cola (posterior), en definitiva, unha estrutura bilateral do corpo. Todos os filos triblásticos presentan simetría bilateral, aínda que secundariamente poidan perdela en estado adulto, como sucede nos equinodermos.