alcalde de Tui From Wikipedia, the free encyclopedia
Moisés Rodríguez Pérez, nado en Tui o 5 de marzo do 1971, é un político galego do PPdeG. Foi alcalde de Tui dende o 2011 ata o 2015.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1971 (53 anos) Tui, España |
Alcalde de Tui | |
2011 – 2015 ← Antonio Fernández Rocha – Enrique Cabaleiro González → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Tui |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Foi elixido concelleiro en Tui do PPdeG en 1995. Foi un dos concelleiros populares que en febreiro de 1998 apoiou o tamén edil conservador Antonio Fernández Rocha nunha moción de censura contra o alcalde do seu partido Miguel Ángel Capón Rey. Volveu ser concelleiro en 1999 baixo a lista independentes de CPT encabezada por Rocha e coa que mantiveron o goberno logrado na moción de censura. En 2003 regresaron ao PPdeG e volveu a ser concelleiro, ao igual que en 2007, mantendo en ambas as ocasións o goberno.
Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Tui en substitución de Rocha e foi elixido alcalde por maioría absoluta[1]. Non se presentou á reelección nas eleccións municipais de 2015, e deixou a política municipal tras 20 anos nela.[2].
En febreiro de 2017 tomou posesión como deputado no Parlamento de Galicia[3], tras concorrer nas listas do PPdeG ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016. Presentouse nas listas do PPdeG ás eleccións autonómicas de 2020 e, aínda que tampouco saíu elixido á primeira, entrou en setembro de 2021 na cámara galega logo da renuncia de varios conselleiros aos seus escanos[4].
Predecesor: Antonio Fernández Rocha |
Alcalde de Tui 2011 - 2015 |
Sucesor: Enrique Cabaleiro González |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.