From Wikipedia, the free encyclopedia
A moeda de 2 euros, cuñada polos Estados membros da Eurozona como moeda de curso legal neses países, está formada por unha zona interior de níquel-latón e unha zona exterior de cuproníquel. Ten un diámetro de 25,75 mm, un grosor de 2,20 mm e un peso de 8,50 gramos. O seu bordo é estriado fino cunha inscrición gravada propia de cada estado.
Todas as moedas teñen un anverso específico de cada Estado e un reverso común para toda a eurozona, deseñado por Luc Luycx, gañador dun concurso convocado para ese efecto polo Consello Europeo e resolto na súa reunión de Ámsterdam do 13 de xuño de 1997. Este reverso común tivo un pequeno axuste en 2007.[1][2]
Estado | Inscrición no canto | Descrición |
---|---|---|
Alemaña | "EINIGKEIT UND RECHT UND FREIHEIT" (Unidade e Xustiza e Liberdade), lema nacional alemán e o principio do seu himno. | |
Austria | "2 EURO ★★★" catro veces alternándose cara a arriba e cara a abaixo. | |
Bélxica, Francia, Irlanda, Luxemburgo, Mónaco, España | "2 ★ ★" seis veces alternándose Cara a arriba e cara a abaixo. | |
Chipre | "2 EURO 2 ΕΥΡΩ" dúas veces. (2 EURO en grego e turco). | |
Finlandia | "SUOMI FINLAND" con tres cabezas de león (SUOMI significa Finlandia en finés, e FINLAND significa Finlandia en sueco, os dous idiomas oficiais de Finlandia). | |
Grecia | "ΕΛΛΗΝΙΚΗ ΔΗΜΟΚΡΑΤΙΑ ★" (ELLENIKI DEMOKRATIA: "REPÚBLICA HÉLENICA" en grego). | |
Italia, San Mariño, Cidade do Vaticano | "2 ★" seis veces alternándose cara a arriba e cara a abaixo. | |
Malta | "2✠✠" repítese seis veces alternándose cara a arriba e cara a abaixo. | |
Países Baixos | "GOD ★ ZIJ ★ MET ★ ONS ★" (DEUS ESTE CON NOS en neerlandés). A inscrición tamén aparecía nos floríns neerlandeses. | |
Portugal | O bordo mostra os sete castelos e os cinco escudos de armas, que tamén se encontran na cara específica da moeda. | |
Eslovaquia | "SLOVENSKÁ REPUBLIKA" (REPÚBLICA ESLOVACA en eslovaco) con dúas estrelas e unha folla de tilia. | |
Eslovenia | "SLOVENIJA ●" (ESLOVENIA en esloveno) |
Nota: o deseño da moeda de Francia é tamén coñecido como l'Hexagone, debido á súa forma que lembra un hexágono.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.