Mirounga angustirostris
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mirounga angustirostris é unha especie de pinnípede fócido, o elefante mariño do hemisferio norte (existe outro no hemisferio sur denominado Mirounga leonina).[2] Son de gran tamaño e o macho ten unha probóscide, que utiliza para facer ruídos ruxintes extraordinariamente altos, especialmente durante as competicións de apareamento. O dimorfismo sexual en tamaño é grande: os machos pesan unhas 3,6 veces máis que as femias. En correspondencia con isto, o sistema de apareamento é moi políxino; un macho con éxito pode deixar preñadas unhas 50 femias nunha estación.
Máis información Mirounga angustirostris, Estado de conservación ...
Mirounga angustirostris | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho, femia e cría | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Distribución de M. angustirostris (azul escuro: principais colonias reprodutoras; azul claro: individuos machos non reprodutores) |
Pechar