![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/74/Minaret_of_jam_2009_ghor.jpg/640px-Minaret_of_jam_2009_ghor.jpg&w=640&q=50)
Minarete de Jam
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Minarete de Jam é un lugar declarado Patrimonio da Humanidade que se atopa no oeste de Afganistán. Está situado nunha rexión remota e case inaccesible do distrito de Shahrak, na provincia de Ghor, xunto ao río Hari. O minarete ten 65 m[1] ou 62 m de altura,[2] e foi construído arredor de 1190 integramente con ladrillos cocidos e é famoso pola súa intricada decoración de ladrillos, estuco e tellas esmaltadas, que consiste en bandas alternas de caligrafía cúfica e naskhi, patróns xeométricos e versos do Corán. Dende o ano 2002, o minarete está clasificado na lista do Patrimonio Mundial en Perigo, debido á grave ameaza de erosión e a que non foi preservada activamente.[3] En 2014, a BBC informou de que a torre estaba en perigo inminente de colapso.[4]
Minarete de Jam | |
---|---|
![]() O minarete no ano 2009. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | Ghor |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, III, IV |
Inscrición | 2001 (26ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia e o Pacífico |
Identificador | 211 |
En 2020, o Minarete de Jam foi catalogado entre os sitios do patrimonio cultural do mundo islámico pola Organización Islámica para a Educación, a Ciencia e a Cultura (ICESCO). Segundo o Ministerio de Asuntos Exteriores afgán, o Minarete de Jam é o primeiro sitio de patrimonio cultural de Afganistán catalogado polo ICESCO.[5]