Astronauta estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Millie Elizabeth Hughes-Fulford, nada en Mineral Wells (Texas) o 21 de decembro de 1945 e finada o 4 de febreiro de 2021, foi unha astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-40.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1945 Mineral Wells, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 2 de febreiro de 2021 (75 anos) San Francisco, Estados Unidos de América |
Educación | Texas Woman's University (en) - Doutora en filosofía (–1972) Tarleton State University (en) - graduado en ciencias (–1968) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, química |
Tempo no espazo | 9 días, 2 horas e 14 minutos |
Misión do astronauta | |
Descrito pola fonte | Millie Hughes-Fulford, NASA Shuttle Scientist, Dies at 75 (en) |
Hughes-Fulford graduouse en química e bioloxía pola Universidade do Estado de Tarleton en 1968, cun doutoramento pola Universidade de Mulleres de Texas en 1972.[1][2][3]
Foi seleccionada pola NASA en xaneiro de 1983, participando na misión STS-40 Spacelab Life Sciences ( SLS 1), a primeira misión de Spacelab dedicada a estudos biomédicos, pasando un total de 9,09 días no espazo.[1][2]. A misión SLS-1 realizou 146 órbitas ao redor da Terra e a súa tripulación completou máis de 18 experimentos, traendo máis datos médicos que calquera outro voo anterior da NASA.
Foi a investigadora Principal nunha serie de experimentos Spacehab / Biorack, que examinaron a regulación do crecemento dos osteoblastos (células óseas). Estes experimentos voaron no STS-76, en marzo de 1996, a STS-81 en xaneiro de 1997 e a STS-84 en maio de 1997. Estes estudos examinaron as causas fundamentais da osteoporose que ocorre nos astronautas durante os voos espaciais.[4] En colaboración con Augusto Cogoli de Suíza, estivo a examinar os cambios na indución de xenes de células T en voos espaciais nun experimento conxunto NASA / ESA da Estación Espacial Internacional. Este estudo ( Leukin) examina o mecanismo de acción que causa a diminución da activación das células T na microgravidade, un problema médico que se descubriu por primeira vez no regreso dos astronautas do Apollo. [4]
Hughes- Fulford foi profesora no Centro Médico da Universidade de California en San Francisco, onde continuou a súa investigación.[5] Como directora do Laboratorio de Crecemento e Diferenciación Celular e Asesora Científica da Subsecretaría de Asuntos de Veteranos, estudou o control do crecemento do cancro de próstata humano e a regulación da activación ósea e linfocitaria.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.