![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/db/Michael_Psellos.jpg/640px-Michael_Psellos.jpg&w=640&q=50)
Miguel Pselo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel Pselo ou Miguel Psellos, en grego Μιχαήλ Ψελλός ou Mikhaēl Psellos, chamado o Mozo para o distinguir do filósofo homónimo, nado en Nicomedia contra o ano 1018 e finado contra 1078, foi un humanista, político, filósofo neoplatónico, poeta, orador e historiador bizantino do século XI.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1018 (Gregoriano) ![]() Constantinopla ![]() |
Morte | xuño de 1078 ![]() Constantinopla ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino ![]() |
Relixión | Cristianismo ortodoxo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filósofo , poeta , médico , historiador , escritor , político , astrónomo ![]() |
Profesores | Xoán Mauropo ![]() |
Alumnos | Johannes Italus (pt) ![]() ![]() ![]() |
Lingua | Grego antigo ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4f/Psellus_-_Compendium_mathematicum%2C_1647_-_185241.jpg/320px-Psellus_-_Compendium_mathematicum%2C_1647_-_185241.jpg)
Pselo foi un cortesán intrigante e un dos políticos máis influentes do seu tempo. Ocupou os máis altos cargos do goberno imperial durante trinta e seis anos, baixo sete emperadores de tres dinastías distintas. Auténtico polígrafo, escribiu sobre teoloxía, dereito, filoloxía, arqueoloxía, historia, alquimia, matemáticas, medicina etc. Foi non soamente o espírito máis cultivado e a mente máis lúcida da súa época, senón tamén un auténtico artista. O seu Chronografía é o máis importante libro de memorias de toda a Idade Media, sen que ningún outro poida comparárselle pola súa frescura, a vivacidade da súa expresión, a finura da súa intuición psicolóxica e os seus dotes para os retratos.[1].