notario, escritor e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel Losada Losada, nado en San Xoán de Laxas (Boborás) en 1860 e finado na Estrada o 28 de setembro de 1913, foi un escritor galego e pai do recoñecido galeguista Antón Losada Diéguez.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1860 Laxas, España |
Morte | 28 de setembro de 1913 (52/53 anos) A Estrada, España |
Educación | Universidade de Valladolid Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | notario, xornalista, escritor |
Familia | |
Fillos | Antón Losada Diéguez |
Descendente do marqués de Bóveda de Limia, aínda que el non levou o título pese ás tentativas para rehabilitalo. A súa ideoloxía carlista víñalle de familia, estaba emparentado con José Arias Teixeiro, ministro universal do pretendente Carlos V e o seu pai, Joaquín Losada Pimentel, fora auditor xeral do Estado Maior do Exército do Norte durante a Primeira Guerra Carlista e estivera exiliado en Francia ó seu remate.
O mozo Miguel estudou no instituto de Ourense, comezou a carreira de dereito en Santiago de Compostela e rematouna en Valladolid en 1882, alí apareceu o seu único libro publicado, Vulgaridades, un feixe de poemas en castelán intranscendentes sen moita calidade literaria, aínda así seguiu a escribir poesía toda a vida e foi o autor de moitas cancións das que cantaban as comparsas de Entroido na Estrada, onde desde 1887 exercía de notario e no coñecido xornal local, El Estradense (f.1906), apareceron moitos artigos da súa autoría e participou en moitos mitins agraristas de cariz católico da contorna.
Casado en 1883 con Carme Diéguez Arias, tivo dous fillos, o seu primoxénito, Antón Losada Diéguez (1884), será un dos impulsores do primeiro galeguismo, o segundo, José, naceu en 1886. Carme morreu de tuberculose en 1888 e José de meninxite en 1891. Miguel Losada volveu casar en 1894, con Amparo de Silva Gómez, coa que tivo cinco fillos máis.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.